Lun, 09 Mar 2015, 14:43
Asunto: Re: COTA DE INSCRICIÓN
Eu tamén estou dacordo en que o prezo das carreiras se elevou excesivamente dende hai uns anos. Tamén vexo normal que algo se cobre, porque os patrocinios son poucos e hai certos servizos que hai que pagar por lei, seguros e asistencia sanitaria.
Fora disto e que nos den unha auga ó remate da carreira, todo o resto é un luxo que hai que pagar.
Por desgraza, moita xente non aprecia as carreiras gratuitas ou máis económicas e só se lanzan ás máis mediáticas, sen importar o que haxa que pagar. Parece que se non hai cronometraxe oficial, distanza homologada, camiseta de "agasallo" ... a carreira non merece a pena. E hai moitas carreiras nas que só participan sobre 100 atletas cuns percorridos moi fermosos, cunha gran organización, pero que non se valoran.
Os prezos marcámolos nós, si nos cobran 20 € e imos 5.000 persoas, para o ano cobraran 25 €, e asà mentres a xente siga acudindo en masa. O dÃa que en vez de 5.000 persoas se apunten 1.000, pois probablemente baixaran os prezos, antes o dudo moito.