Mar, 27 Xan 2015, 18:17
Asunto: (DU 14-03-15) Campionato Galego Duatlón Contrareloxo Equipos
O vindeiro sábado 14 de marzo celébrase en Vedra o 2º Duatlón concello de Vedra, que este ano se disputa pola modalidade de contrareloxo por equipos e que será o Campionato Galego da modalidade.
Nel poden participar os clubes federados tanto en categoría masculina como feminina, formando tantos equipos como desexen de entre 4 e 6 compoñentes e tendo a inscrición un coste de 50 € por cada equipo participante.
A inscrición dos clubes debe facerse ante do 28 de febreiro no enlace
CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN CONTRARELOXO POR EQUIPOS, pero ollo, a proba é limitada a 30 equipos masculinos e 30 femininos, polo que pode completarse o cupo antes de dita data.
Unha vez pechada a inscrición de equipos, ata o martes 10 de marzo os equipos deberán enviar a federación a folla cos compoñentes definitivos dos equipos.
Ata o 28 de febreiro os equipos que se queiran dar de baixa non pagarán ningunha cuota, unha vez pasada esa data a federación facturará o preceptivo importe a tódolos equipos inscritos.
mais información, regulamento e circuítos en
www.fegatri.org e en
www.olimpicodevedra.org