XoseM escribió: |
bós días, o desvío no km 7.x non era "evidente" e creo que alí non sobraba alguén da organización indicándoo. Non me molestou demasiado dar unha volta extra (+1,5km), pero creo que é un fallo gordo que alguén puidese saltarse esa volta conseguindo así algún posto ou premio na súa categoría. Como evento lúdico creo que non hai problema; como competición, non me parece admisible. eu cheguei pouco despois das 9, pillei o dorsal e nin mención de mochila nin apuntarse nin nada. Marchei facer os km que me tocaban a maiores e cheguei para a saída, onde non oín nada ao respecto tampouco nin apuntarse nin nada. se a alguén lle prestou o meu cacho de empanada ou bocadillo, alégrome, eu morría de frío e marchei. Quero dicir que se hai dúas categorías de inscritos, con diferentes "dereitos" e "obrigas", esta diferenciación debería estar mellor xestionada desde a organización para evitar equívocos ou mal entendidos. ánimos ao Noitebra para tentar mellorar e GRAZAS polo esforzo realizado. |
Superfresh escribió: |
Claro que o desvio non era evidente, tanto como que non habia tal, habia que facelo a posta, saltarse unha cinta que estaba toda a o largo do camiño. Non fixeches ningun km de mais. Gracias |
XoseM escribió: | ||
Non saltei ningunha cinta, había un cartel con un "9" clavado nun carballo. Quilómetros de máis sí que fixen (fixemos varios), menphis_esp acaba de poñelo no debuxo. Demos duas voltas a ese bucle. O problema, en parte, admitoo, é que seguín aos que ían diante en lugar de mirar todas e cada unha das marcas como é a miña responsabilidade, pero non "saltamos" ningunha cinta das que cortan o paso como había en practicamente todos os cruces. Non é un reproche, só escribín por suxerir que se hai un "campeonato", premios, clasificacións, debería ser posible tentar asegurar a súa verosimilitude. Este aspecto a min non me afecta, pero esos 10' de máis que fixen igoal a algún compañeiro lle permitirían ter un posto de honra. A todo esto, xa lle fixen saber a organización a miña opinión e que sen dúbida é positiva malia todo. É dificil organizar este tipo de probas, polo que é de agradecer o traballo feito. |

Superfresh escribió: | ||||
Ah Vale entediao o reves, que na ida se recortaba e se ia directamente o 9 sen facer o bucle, vale xa entendo... Ok nese punto tiñas un km9 de frente e xa me extraña non houbese cinta... pero bueno pudo ser un despiste... |
Killoke escribió: |
Esto era Cross o era Trail ? |