Xov, 19 Mar 2015, 10:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)
Ultimo entrenamento por Chapela antes do domingo. 8,83km, en 50:16, a un ritmo de 5:41 min/km . Teríame gustado máis que fosen 48 ou 49 minutos, pero xa no se lle pode dar mais voltas.
Agora a descansar, e esperar que o domingo se cumplan eses prognósticos de vento a favor e temperaturas moderadas.
Levarei aí metidos nos bolsillos, coas pastillas de glicosa, os ánimos todos destes días:
Gracias Corrín por seguir pasaeando polos diarios,a ver se de contado podes contarnos algo mais do teu.
Graciñas tamén Pollastre, imaxino que te estarás a preparar por todo o que se vai cocendo por Coruña. Moitos ánimos a tí tamén.
E si que levas razón Freaky no de que son galega 100% como Gadisa, incluso creo que que pola miña condición de veterana D xa logo me van contratar para facer de vella na perrucaría para o vindeiro anuncio de "Se chove, que chova"... Pero no que máis razón che dou e na formulación en positivo que nos fas da Lei de Murphy. Hai que pensar que terá que sair ben, senón mellor quedar a durmir.