Dom, 22 Mar 2015, 20:20
Asunto: Re: XVI VIG-BAY (22/03/2015)
Disfrutéi e sufrín casi a partes iguales.
Eu son un novato máis, que por saúde primeiro, e logo porque me enganchou, nos últimos 10 meses levo participando en 17 carreiras, dende que se me deu por debutar no circuito da Corresan, e pasando por varias de 10k do máis variadas, (Riveira, Ames, Sin-Son, San Martińo, etc...).
Procuro ler os comentarios que vos aquí facedes para facer ben as cousas e non perxudicar ós demáis compańeiros, pero as veces metemos a pata.
No tema dos caixóns de saída, (tińa como obxetivo facer 1:59:59), puxenme todo o atrás que puiden, tanto que nin me enterei que sonara o pistoletazo de saída ata que vin a xente correndo, (tardei casi 4 minutos en pasar pola alfombra de saída, ata aquí sin queixa, ahora ben, no tema de circular pola dereita teńo que recońecer que non cumplín, pero non por atallar, sinón porque ía buscando sombras, o sol acaba conmigo, (levo 15 meses operado do estómago polo que apenas podo beber líquidos e deshidratome facilmente, ata o punto de sufrir e moito, (como moito a capacidade dun actimel para que vos fagades a idea).
Disfrutei, pasei polos dous controles ó ritmo esperado, incluso con sensacións moi boas, pero onde petei foi nos últimos 3 kilómetros, totalmente llanos, sin unha puńetera sombra, mallando o sol de lo lindo, e deshidratado por completo, aquí tiben que afloxar o ritmo, pensei en parar a camińar, incluso en abandonar, pero os ánimos dos compańeiros, e da xente animando fixo que sacara forzas de onde xa non quedaban.
Disfrutei do compańeirismo, dos ánimos da xente, dos vecińos cas mangueiras!!, das vistas,... disfrutéi!!
Finalmente cheguei á meta totalmente deshidratado estiben tirado máis de 15' nunha camilla onde me atenderon xenial, tanto os profesionales médicos como outros compańeiros que alí estaban coma min ou peor, compartín movil para que outros fixeran chamadas a familiares, taparonme con mantas, deronme bebida, masaxes mas plantas dos pes con xel frío, todo simplemente con mirarme para a cara.
Este é un mundillo maravilloso, cheguei a casa reventado, pero moi moi feliz, cunha sensación de superación total, encantoume a Vig-Bay, e cada vez máis, encántame este deporte me da vida.
Finalmente logrei 2:02:25, e non me queixo porque o disfrutei coma un rapaz pequeno!!
Pd: Perdón polo ladrillo, pero como non son capaz de levantarme do sofá teńo tempo para soltar o rollo
Última edición por fiponoia o Dom, 22 Mar 2015, 20:54; editado 5 veces