Lun, 23 Mar 2015, 9:48
Asunto: Re: XVI VIG-BAY (22/03/2015)
Primeira VigBay e cas expectativas demasiado altas, creo que culpa dos bos comentarios que lin por aquí e que volvo a ler agora. Creo que a única cousa na que destaca a VigBay é a alta participación, a partir de ahí nada que destacar.
Comezo entón co meu análisis, sempre motivado das alabanzas que estou a ler por aquí e moi en plan "tiquismiquis"
:
Tema baños (onte especialmente foi moi importante para min
): preguntei a varios da organización e só remitían ós baños da cafetería, que creo que eran claramente insuficientes para 5500 personas. Ó poñerme na saída descubrín uns "portátiles" que deben estar polo tema da praia. A mayoría tiramos a bares cercanos e McDonalds, que estaban saturados. Neste tema xa empecei con mal pé na carreira. Uns baños portátiles no lateral da cafetería, que había sitio, sería o necesario para comezar a falar de organización de 10.
Tema caixóns: de RISA, vamos. Penoso. Con ver os da primeira fila xa te dabas conta do que había. Solución: xente controlando, non hai outra solución.
Tema dorsais: unha proba de este calibre merece, na miña opinión, recollida de dorsais nos puntos CC Norte nos días previos.
Avituallamientos: perfectos, pero pobres voluntarios: tiñan as caixas de agua sen abrir e toleaban cas prisas.
Tema bolsas do corredor: dende o meu punto de vista: todo planteado para crear unha sensación de "ostras, 20€ non son cartos para o que dan". Por certo, hai xente preguntando pola camiseta do final: é unha camiseta de ABANCA (nada de camiseta finisher ou polo estilo), non perdedes nada. Para o final, chegaba unha bolsa de plástico e aforraban cartos ou invertían noutras cousas.
*Conclusión: Onte dinme conta de que as carreiras con pouca participación teñen moito mérito, casos como os da media de Ferreirúa hai moitos. A VigBay, para ser unha organización que embolsa 110.000€ cun circuito xa diseñado de fai anos e que solo ten que tratar de buscar erros e intentar non cometelos outra vez o ano que ven...
Ten moito que mellorar, aínda que destaque en cousas como as esponxas tan apreciadas no día de onte.
Unha pregunta para alguén que esté metido en organizacións de carreiras: para o tema de tráfico, protección civil e todo eso... ¿págase algo?