Xov, 16 Abr 2015, 19:16
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)
Comprácenos moito comunicarvos que, por cuarto ano consecutivo, Implicadas No Desenvolvemento organiza a carreira solidaria "Corre con Implicadas!", en Oleiros.
A IV Carreira Solidaria "Corre con Implicadas!", organizada por Implicadas no Desenvolvemento conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, ademais do Concello de Oleiros e da UDC a través do Inef Galicia. Como novidade, este ano colaboran tamén coa organización ATP Entrenamento persoal, DJ Dani, AVAN, Masaje Ayurvédico, Atmósfera Sport, Cristalería El Reflejo e Xanzá Movemento eco-creativo.
Cando? O sábado, 2 de maio de 2015, ás 17:00h. O prazo de inscrición remata o mércores 29 de abril ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fora de prazo (e tampouco o mesmo día da competición).
Onde? En Oleiros: todas as categorías sairán do aparcamento da praia de Bastiagueiro, preto da Casa Da Silva (Rúa Mioporos. Bastiagueiro), punto que tamén será a meta para todas elas.
Quen? Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades. Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr, pero si participar nesta IV edición de Corre con Implicadas. Por outra banda, aquelas persoas que desexen colaborar pero non participar na carreira, poden facelo mercando un dorsal 0.
Máis información:
Inscricións e regulamento:
As inscricións poden realizarse na web Carreiras Galegas, e o regulamento completo atópase aquí.
Donativos:
* Donativo de 5 euros nas categorías junior, promesa, senior e veterán masculina e feminina, e andaina.
* Donativo de 3 euros para as restantes categorías.
* Donativo de 1 euro, 3 euros, 5 euros ou 10 euros ao colaborar con Implicadas mercando un "Dorsal 0".
* Todas aquelas persoas participantes na proba absoluta ou na andaina que desexen realizar un donativo a Implicadas poderán facelo dentro da propia inscrición da carreira.
Premios:
* As tres persoas mellor clasificadas de cada categoría recibirán unha medalla (excepto para a andaina).
* As/os participantes que chegue e pase a meta terá un agasallo de Implicadas, unha auga e unha froita.
* Sortearanse lotes sorpresa.
Recadación
A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos programas de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas ten na India: “Erradicación do infanticidio feminino" en Salem e “Empoderamento de mulleres” en Tiruchy.
Tanto na nosa páxina web, como no evento de Facebook e nos nosos perfís en Facebook e Twitter iremos publicando toda a información sobre a carreira.
Agradecémosvos de antemán toda a difusión que poidades facer desta actividade.
Moitas grazas, un saúdo!