Foros ›
Autor
Mensaxe
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Mar 2015, 14:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Joder meiga me has echo llorar pero bien...te agradezco el detalle ten por seguro que iré contigo este domingo empujandote y yo acabaré esta carrera que me ha puesto la vida y llegare a la meta.siempre que pueda iré a veros en una de vuestras carreras y sino quedamos para una comida.arriba siempre
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3273 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 22 Mar 2015, 21:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónica do día de hoxe:

Como xa era a miña 5ª Vigo Baiona, creo que durmín máis e mais relaxada ca outras veces.

Saída puntual desde Teis cos compañeiros do barrio. Todas as rutinas habituais na liña de saida. Quentar casi nada. Chegar en tempo de desconto á fotokedada do foro (xa me queda claro que hai que ir 10 minutos antes, pois os cámaras son dos que morren de víspera, que diría a miña avoa)... Polo menos si que houbo tempo de saudar a Sanmikel, Doutor Slump, Aprendiz e Sonsuso... Papa-Léguas debeu de plantarse e quedar en Sparkland a durmir.

Xa de contado había que poñerse en posición de saida. Optei por poñerme detrás, pero non lonxe, do globo de 1:50. Saída moi lenta, o garmin que me falla xusto nese momento e non logrei que reconectara ata pasado Samil. Xa vin nos outros diarios que non fun a única que lle pasou.

Nin tampouco a única que sufriu co calor nos primeiros 10km. Ia con tanta idea de levar un bo ritmo que se cadra forcei nese tramo... menos mal que no peto de atrás do pantalón levaba o meu avituallamento,as gominolas enerxéticas esas que dí Aprendiz que me drogo con elas. Foi tomarme dúas e a cousa xa comezou a ir mellor: Aguantar ben todo o rodeo de praia América polo pabillón, e as voltas de Monte Lourido... Na saída para Sabarís rematei a ración de gominolas, e enfilei con moita decisión ese tramo final. O mellor balón de osíxeno foi atoparme pasada a ponte da Ramallosa ó globo do crono de 1:50 de novo, case ó alcance da mán.
Unha ilusión óptica, porque de alí a Baiona volveuse a alonxar de abondo.
Nese tramo final é o momento en que pensas que as cousas non son como comezan senón como acaban: Moitos senior e veteranos feitos e dereitos parados ou camiñando a paso lento polo arcén. Tres persoas en distintos puntos desa recta final tiradas no chan recibindo asistencia. A ambulancia paseando de adiante a atrás ata chegar á meta.

Creo que nunca se me fixera tan longa a entrada en Baiona. Xa non tiña todas conmigo de repetir o crono do ano pasado. Pero finalmente cheguei ó arco, e marcaba 1:54:41!!!. Segundo os meus cálculos o tempo neto tería que andar entre 1:52 e 1:53. Obxectivo cumplido!!!.

Logo facer cola na meta. Moi ben organizado o das bolsas de agasallos para finalistas esta vez, pero o da recollida no gardarroupa fatal. Colleume o frío. E con esa cariña de pena me atopou Sanmikel pola rúa, que xa viña duchado do pabillón. Un par de minutiños para comentarme que non quedara contento de como lle saira , e para dicirlle eu que si quedara contenta da miña .

Xa logo chegou o momento de coller os coches, ir a Torroña, comezar a parte estelar da xornada: Os percebes, mexilóns e a empanada de carne. O cocido, o cordeiro, o rabo guisado. A tarta de xeado, a piña caramelizada e as filloas caseiras recheas de crema, mmmm... Asi calquera recupera.

Evidentemente a sobremesa foi longa, tardamos en chegar a casa, e ainda acabo de entrar agora a mirar en internet e confirmar os resultados:

Tempo oficial: 1:54:41
Tempo neto: 1:52:59
Ritmo: 5:22 min/km

Posto na xeral: 3049 de 4788 chegados a meta

Posto na clasificación feminina: 176 de 645

Posto na categoría de veteranas 50 a 54 anos: 3ª de 29!!!!!!!!!!!!

Supoño que tería que ter subido ó podium e nin me enterei... A verdade é que a 1ª e 2ª clasificadas fixeron tempos de 1:41, a ritmos de 4:48 e asi. Na vida pensei que o meu tempo daría para podium... Mañá chamarei á organización para ver se teñen gardado para min un diplomiña ou algo, non sei, digo eu.

En calquera caso hoxe só viña a facer mellor tempo ca o ano pasado e facerlle un bonito regalo a Corrín... Moza, creo que podemos darnos por contentas, e a miña forza de hoxe que sexa a túa tamén.
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8107 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 23 Mar 2015, 10:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

¡Bravo! Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Mar 2015, 13:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

gracias Alicia,y enhorabuena hiciste un tiempazo.
creo que voy a seguir con mi diario,porque como bien me dijo alguien que tenemos en común...esta es TU GRAN CARRERA
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4286 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Mar 2015, 15:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Noraboa Meiga lo has mallao.
piolliño

Novo foreiro
Novo foreiro
29/10/14
0 Carreiras
22 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 23 Mar 2015, 16:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Bravo Meiga, moi boa carreira
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3273 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 23 Mar 2015, 16:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Graciñas a todos, Beauvais, Corrín , Freaky e Piolliño. As alegrías compartidas saben mellor.

Hoxe chamei á organización, e dixéronme que sí que había unha medalla para os que fan podium, independentemente dos premios en metálico que se dan na clasificación de veteranas. Tomáronme os datos , e dixéronme que me gardaban a medalla, que xa me chamarían para ila recoller. Algo é algo.
Tereivos informados.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Mar 2015, 19:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Meiga algo tiene de bueno el ser "vieja"Jaja no se te echan eso de 50-54 ....no te estarás añadiendo alguno...mira que somos las viejas entre tanto corredor masculino(freak,maillot,piollo ,Orión.....
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 23 Mar 2015, 23:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Felicidades Meiga!!!
Medalla e Podium!!!! Bravo...
maillotamarillo

Maratoniano
Maratoniano
28/11/14
90 Carreiras
439 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Mar 2015, 7:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Aplauso Estupenda carreira.
Aprendiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/06/13
8 Carreiras
680 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Mar, 24 Mar 2015, 8:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Meiga, muy buena carrera,... pero podium ya son palabras mayores. Estás en la brecha! Me alegro mucho de haber coincidido en la kedada, un saludiño.

Hazlo, o no lo hagas. Pero no lo intentes.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3273 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 24 Mar 2015, 9:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Corrín, sen quitarme nin poñerme nada neste momento son 51 anos e subindo, pero moi contenta de ser a avoa do grupo.

Sanmikel, Aprendiz e Maillot, graciñas por entrar a saudar ... Os resultados da carreira foron polo traballo que puxen e por todo o ánimo que me dades todos aquí, asi de útiles e proveitosos poden chegar a ser os diarios para un mesmo e para os demáis... Sigo contando coas vosas entradas e consellos.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mar, 24 Mar 2015, 11:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Bravo, Meiga, una medalla (y no de finisher) en la Vig-Bay ya se merece un marco en la pared como mínimo, qué bien, ¡enhorabuena!



Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1880 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Mar 2015, 11:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Felicidades Meiga. Te conocí en la Foto-Kedada y te sigo en tu diario hace tiempo... Por cierto para abuelo yo que este año cumplo 54....
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3273 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 24 Mar 2015, 11:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Graciñas Doutor!!! O caso é a ver cando vexo esa medalla diante, que igual me din que a perderon de camiño. Hoxe aínda non chamaron.... Pero da un regusto entrar aí na páxina de Championchip e verme de terceira, non paro de roronear desde o domingo á noite, no vou negalo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos