Mér, 04 Mar 2015, 16:43
Asunto: Carreira Popular de San Telmo 2015 (12/04/15)
Igual que nos últimos anos, o club Atletismo tui - Thermalia organiza a carreira popular de San Telmo, que como sempre vaise disputar no domingo seguinte á Semana Santa durante as festas patronais, e que este ano coincide no día 12 de abril.
En breve abriremos as inscricións mantendo as condicións dos últimos anos:
- Carreira gratuita con kilo solidario.
- Dúas voltas a un circuito de algo máis de 3 Km.
- Comezaremos coa proba absoluta e despois faremos as probas dos rapaces
Cando sexa oficial todo esto e abran as inscricións avisaremos.
Se queredes facervos unha idea, podedes botar unha ollada ao que se comentou sobre a carreira en anos anteriores:
2014 2013 2012
Grazas polo aviso no erro da data.
Última edición por emailGalicia o Mér, 04 Mar 2015, 19:21; editado 1 vez