Sáb, 11 Feb 2006, 9:56
Asunto: CONDICIONS
Amigo Raposo:
Convirás comigo en que a maioría da xente, por moito que entrene non conseguir baixar de 1.10 na media (xa non falo de baixar de 1 h).
Cando un leva 3 ou 4 anos entrenando, 4 ou 5 días á semana, sabe, ou pode intuir cales son os seus límites, en función dos seguintes factores en orde de importancia.
- Evolución previa. A curva de mellora como é?
- Idade e Sexo.
- Peso corporal /morfoloxía.
Eu, só levo correno 4 anos, e teño ben claro ónde está o meu teito en cada carreira, en cada distancia, en cada terreo.
E se pretendo atentar contra os límites que a "natureza" me marcou, levareme á frustración, ao desencanto e a non ser feliz comigo mesmo.
En base ao anterior, eu aplico a receita contraria ás frustracións:
* Moito chourizo de cabazo, carne de porco e augardente de herbas.
* Antes gordiño ca fraco de máis.
* Autodidacta no entreno, e libertade sen rigor de plans fixos.
Deste xeito, sempre direi ¿E si me coidase máis?, ¿E sí estivese máis fino?, ¿E si tivese entrenador?
.... e deste xeito, son feliz cos amigos nas carreiras e post-carreiras, no foro.
Danme lástima aqueles que usan as carreiras para liberar complexos, manías, inseguridades. Danme lástima aqueles que pretender ser: os máis rápidos, os máis listos.
Eu son moito máis xeneroso comigo mesmo. Sei as miñas limitacións nas carreiras e ata neste foro.
Hai varias persoas (moitas) que saben moitísimo máis ca min de altetismo popular - e non tan popular -.
Hai varias persoas (moitas) que teñen moita mais sensibilidade ca min para expresar vivencias ou momentos.
Hai varias persoas (moitas) que teñen moita máis paciencia ca min con quen requiere de paciencia.
En fín, que estou razonablemente satisfeito de ser imperfecto e de non acadar marcas moito mellores das que xa fixen.
Unha aperta e disculpas polo rollo.