Kurty escribió: |
Así nos vai que facemos unha carreira nova poñemos unha data e despois cambiamola para fastidiar a outras carreiras cas datas xa consolidadas. |
terras escribió: |
Bo día; Como comunicamos na anterior entrada, o cambio de data é obrigado debido á inclusión da proba no Circuito Provincial da Deputación da Coruña 2015. En canto á organización, intentaremos estar á altura e traballaremos coa maior ilusión e asesorándonos por expertos de campo. Así mesmo volvemos disculparnos polos prexuizos que isto poida ocasionar na planificación do calendariio de moit@s atletas e organizadores. Un saúdo |
Kurty escribió: | ||
Sinceramente non me convence este argumento, se é así, non sei quen é o lumbreras que organiza ou inclue as carreiras no Circuito da Deputación. Día 18 de Abril, non hai ningunha carreira prevista na provincia da Coruña, (está a maratón o 19). Día 17 de Maio carreira pedrestre de Outes, inscrita no circuito da Deputación dende hai moito tempo. Esto ven a refrendar as eminencias que temos ocupando cargos políticos ou públicos. E a vos por tragar tan facilmente co que vos din, xa que estaría ben que lle argumentarades o que acabo de escribir. |