Lun, 06 Abr 2015, 7:50
Asunto: Re: PONTEVEDRA 4 PICOS BIKE&TRAIL DESAFÍO RÍAS BAIXAS
Antes de nada gustaríame agradecerlle a Mond toda a info e que esté dando a cara sobre algo que non é para nada a súa responsabilidade. Xente coma ti fai útiles estos foros.
Como xa se comentou, penso que debería dar a cara un responsable da organización, simplemente se trata de expoñelos motivos. Non creo nin tan sequera que deban entrar a respostar ás réplicas que seguro habería.
Na miña modesta opinión penso que un evento de este tipo ten moitos flecos e posiblemente meteron a pata á hora da redacción do regulamento. Ainda que non entendo tampouco esa limitación, porque que ten que ver unha proba con outra, e aquí penso que radica o problema, organizar dous eventos que nada teñen que ver e de loxistica bastante complexa no mesmo día. O día da proba a organización vaise ter que multiplicar para atender os dous eventos ademais.
Da outra banda, temos que ter presente que si deixamos a inscrición para última hora pode pasar algo así, é como si vas o teatro ou a un concerto al ultima hora e non hai billetes sinteste fastidiado, pero hai xente que fixo o esforzo de anotarse antes e asumir o risco de non poder asistir despois, por lesións, axenda, traballo, etc. E sei que o deixamos para ultima hora con motivos lóxicos pero é así. A min pasoume, no meu caso non ten perdón porque fun o último día as 22:00 a anotarme. No meu caso estou saindo dunha lesión e cada día que saía a correr entrabanme dúbidas por eso esperei a ultima hora. Ben mirado agora, visto o visto e o meu estado físico, para min casi será o mellor. O que me fastidia é non asistir a unha carreira así en Pontevedra...
Para resarcirnos propoño unha quedada para facelo percorrido da proba, para quen lle apeteza. Sin o peso do dorsal, uns días despois da proba. Precisaríamos de alguén que coñeza o circuito e comande a expedición. ¿Qué vos parece? Si sae adiante abrimos outro fío no foro axeitado que non é este.
Hai moitas carreiras non paga a pena cabrearse por esto!