Mar, 31 Mar 2015, 7:21
Asunto: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"
XII Carreira Virxe da Guía, Ribeira
“A carreira de Carreira”
Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial
Data:
domingo, 17 de Maio de 2015.
Hora: a partir das 10:30 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancia: de 50 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e Concello de Ribeira.
Inscrición: límite 300 adultos/300 escolares
Web:
www.aavvcarreira.blogspot.com
A Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e o Concello de Riveira, organizan a duodécima edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o
domingo, 17 de Maio (Día das Letras Galegas) na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2011 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2008, 2009 e 2010
BENXAMIN atletas nados no 2006 e 2007
ALEVIN atletas nados no 2004 e 2005
INFANTIL atletas nados no 2002 e 2003
CADETE atletas nados no 2000 e 2001
XUVENIL atletas nados no 1998 e 1999
JUNIOR atletas nados no 1995, 1996 e 1997
SENIOR atletas nados entre 1994 e 1981
VETERANOS A atletas nados entre 1970 e 1980
VETERANOS B atletas nados entre 1960 e 1969
VETERANOS C atletas nados en 1959 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1970 e 1980
VETERANAS B atletas nadas en 1969 e anteriores
2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS
10:30 CADETES 1.800 M
11:00 ABSOLUTA (DE XUVENIL A VETERANOS) 10.000 M.
12:10 INFANTILES 1.200 M.
12:20 ALEVINS 1.200 M.
12:30 BENXAMINS 600 M.
12:40 PREBENXAMINS 100 M.
12:50 PITUFOS 50 M.
13:00 ENTREGA DE TROFEOS
3. INSCRICIONS : A partir do Mércores, 01/04/2015
› PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevín, infantil e cadete) Poderán realizalas a través da web
www.aavvcarreira.blogspot.com , recheando no cuestionario os datos solicitados. Tamén se poderá formalizar a inscrición presencialmente no Supermercado Gloria (Carreira). O tope de inscritos será de 300 atletas escolares.
A inscrición será GRATUITA para estas probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.
› CATEGORIAS DE ADULTO (xuvenís, junior, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web:
www.aavvcarreira.blogspot.com .
O prezo da inscrición será de 3 €.
Farase constar na inscrición a forma de pago elexida:
1.- Ingreso en conta: ES74-2080-5158-2730-4001-0419 –(indicar apelidos e nome no concepto e realizar o ingreso nos 3 días seguintes a formalizar a inscrición, senon considerase esta como anulada).
2.- Pago en efectivo no Supermercado Gloria (Carreira)
3.- Pago en efectivo na tenda Revolutrion (Ribeira)
4.- Pago en efectivo o mesmo día da proba ó recoller o dorsal.
O tope de inscritos será de 300 atletas adultos.
Agradeceráse a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.
Admitiranse inscricións ata o o xoves, 14 de maio ás 14 horas, ou ó acadar a cifra tope de inscritos de 300 escolares e 300 adultos. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Colexio da Capela, ubicado ó lado da liña de meta con prazo límite ata 15 minutos antes do inicio de cada proba.
4. PREMIOS
- Trofeo artesán para os 3 primeiros/as clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.
- Copa para os tres primeiros clasificados/as nas categorías alevín, infantil e cadete.
- Medallas para tódolos participantes nas categorías de pitufos, prebenxamíns a benxamíns.
- Trofeo artesán para o primeiro/a do Concello de Ribeira.
- Copa para os segundos/as e terceiros/as do Concello de Ribeira.
Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un premiado non estuvera presente, o trofeo será entregado ó seguinte clasificado.
Record da proba: O corredor ou corredora que bata o actual record da proba terá un premio de 100 euros.
Récord Masculino: 32:38 Alvaro de la Fuente (2013)
Récord Femenino: 35:21 Yolanda Gutierrez (2013)
4. AVITUALLAMENTOS :
Auga no km. 5, e líquidos e sólidos na meta.
5. OUTROS SERVIZOS:
Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán recollerse bolsas co número de dorsal pegado no que deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas hasta o remate da carreira.
5. DUCHAS E APARCAMENTO :
Haberá servicio de duchas no Complexo Polideportivo da Fieiteira, a 1,5 km da liña de meta.
Destinaranse varias zonas de aparcamento gratuito a 200 metros da liña de saída.
6. HOMENAXE:
Este ano o corredor ribeirense homenaxeado, será un dos máis carismáticos corredores do panorama atlético galego: Matías Regueira Boo.