derek escribió: |
m12021958, non entendo moi ben onde queres chegar, pero os que me coñecen saben que non me gusta nada, "0" diría eu, desviarme do estrictamente deportivo nun foro atlético. O domingo que ven, ven e desfruta do evento que a min e outros máis nos está a quitar moitas horas de sono, e ogallá se vexa reflexado este esforzo coa satisfacción dos que vides a participar, porque se fai para vós, e eso é a única razón que nós guía para seguir organizando eventos como este. Eu interés político, "0" e económico, ... mellor non falar. Nunca organizei un evento que fose rentable, e xa levo uns cantos. No que respecta a altas esferas, como dis, hai que loitar moito para que se leven a cabo estes eventos, e tes miles de xustificacións que presentar para que se leven adiante. Así que eu agradezo que o queiran facer. O resto non entendo a que ven o dos desfavorecidos e o dos nenos. Non quero iniciar un diálogo neste aspecto porque mañá e pasado vou a "abandonar" os meus fillos e a muller para ir a mirar, marcar puntos kilométricos, avituallamentos, carpas, arcos, tomas de corriente, froita, trofeos e centos de cousas máis para que a xente poida desfrutar do evento; e por moito que nos esforzemos, non podo garantir que saia ben. Agora ben, vouno dar todo, porque as medias non van conmigo. Eso é todo o que che poido dicir. Se ves a correr, ogallá disfrutes porque esa é a miña ilusión. |