Mér, 18 Mar 2015, 8:42
Asunto: Carreira de Monte Porreiro 2015 (CCCP) - Pontevedra 12/04/15
REGULAMENTO
PREVIO Á CARREIRA
1. DATA: O Consello de Barrio de Monte Porreiro e o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, coa colaboración da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, organizan o domingo 12 de abril de 2015, a partir das 12,00 horas, a “III Carreira Pedestre Monte Porreiro 2015 – Gran Premio U.N.E.D.”
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASCULINA / FEMININA
Ano Menor Maior Nacemento
Chupete De 00 A 04 2015 – 2011
Pitufo/a De 05 A 07 2010 – 2008
BenxamínDe 08 A 09 2007 – 2006
Alevín De 10 A 11 2005 – 2004
Infantil De 12 A 13 2003 – 2002
Cadete De 14 A 15 2001 – 2000
Xuvenil De 16 A 17 1999 – 1998
CCCP 2015
PromesasDe 18 A 22
Senior De 23 A 34
Veteranos/as 1 De 35 A 39
Veteranos/as 2 De 40 A 44
Veteranos/as 3 De 45 A 49
Veteranos/as 4 De 50 A 54
Veteranos/as 5 De 55 A 59
Veteranos/as 6 De 60 A 64
Veteranos/as 7 De 65 En diante
Parellas Mixtas De 18 En diante
Parellas MasculinasDe 18 En diante
Parellas Femininas De 18 En diante
Haberá unha categoría especial de parellas que poderán estar formadas por un home e unha muller (categoría parella mixta), dous homes (categoría parella masculina) ou dúas mulleres (categoría parella feminina). Estas parellas terán que facer todo o percorrido xuntas, entrando en meta cunha diferenza máxima de 5 segundos entre os membros da parella, contabilizándose o tempo de chegada do membro do equipo que entre en segundo lugar. En caso de non entrar no prazo máximo de 5 segundo a parella quedará descualificada.
Para poder participar na categoría de “parellas” haberá que, primeiramente inscribirse individualmente, ou no CCCP 2015, ou só na propia carreira de Monte Porreiro. Posteriormente un dos integrantes conformará un equipo e enviará unha soa invitación ao segundo/a compoñente, e este segundo/a membro deberá aceptala expresamente antes do prazo de fin de inscrición en Monte Porreiro. As parellas non configuradas no prazo non puntuarán.
Todas as persoas participantes na categoría parellas, non puntuarán nas distintas clasificacións individuais da Carreira de Monte Porreiro.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións e das distintas promocións vencelladas coa carreira. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección imdadministracion @ pontevedra.eu no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS.
Todas as categorías, agás as de menores, faranse en
www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día 08 de abril. Para as categorías de menores a inscrición será presencial o día da proba, entre as 08,30 e as 10,45 h na propia U.N.E.D.
Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2015, a inscrición xa está pagada. As inscricións no CCCP tamén faranse en
www.championchipnorte.com.
As categorías de menores de idade teñen de data de inscrición só o día 12 de abril entre as 08.30 e as 10.45 horas na propia U.N.E.D. (igual que a recollida de dorsais) e será de balde.
As categorías de maiores de idade teñen de data de inscrición Ata as 23.59 horas do 08 de abril, recollida de dorsais o día 12 de abril entre as 08.30 e as 11.30 h na propia U.N.E.D., cunha cota de 5 € e con aluguer de chip (1 € en caso de non telo en propiedade) A través da web
www.championchipnorte.com
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, agás as de menores. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Seniors e Veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer, devolvéndose a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip). A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar obrigatoriamente ao recoller o seu dorsal); En caso de non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
Os membros da comunidade educativa da Universidade Nacional de Educación a Distancia U.N.E.D. (alumnado, profesorado e PAS) que se inscriban na carreira, deberán de pagar como todos no momento de inscribirse, e a Organización devolveralles o importe da mesma (polo mesmo medio que fixo o pago), excepto (de non telo en propiedade) o aluguer do obrigatorio chip polo que terá que abonar 1 €. Para obter a devolución, de forma inescusable, no momento de recoller o dorsal deberá presentar o carnet da U.N.E.D. e o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
5. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade é achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta e de non ser así:
Dende Santiago ou Vigo: tomar a saída da autopista Pontevedra Norte e coller dirección a Pontevedra, avanzar 100 metros e na primeira rotonda (con edificios no seu interior) rodeala deixando o Servizo de Bombeiros de Pontevedra á esquerda e a Comandancia da Garda Civil á dereita, na primeira saída da rotonda coller á dereita (dirección Policía Local e ao Pazo de Congresos de Pontevedra) e pasar por enriba da autopista seguindo o Paseo de Domingo Fontán (paralelo ao río Lérez) ata chegar a unha gasolineira de Repsol e a unha rotonda dende a que tomaremos a segunda saída (dirección Recinto Feiral). Pasamos por diante do Pavillón Municipal dos Deportes e na seguinte rotonda tomamos a segunda saída (dirección Policía Local) para enlazar inmediatamente (100 metros) á dereita dirección Ourense. Xa estamos no Recinto Feiral de Pontevedra e avanzamos ata atravesar a Ponte dos Tirante e na primeira rotonda tras a ponte collemos a cuarta saída dirección Monte Porreiro (paralelos ao río) durante 2.5 quilómetros e ao atopar a primeira rotonda ir buscando onde aparcar para subir a pé a primeira costa a man dereita que atopamos.
Dende Ourense: Se vimos pola estrada Nacional 541 (Ourense – Carballiño – Cerdedo- Pontevedra) ao entrar en Pontevedra, e no primeiro semáforo e rotonda que atopamos, collemos a man dereita (está indicado Monte Porreiro); avanzamos e seguimos os carteis da U.N.E.D. xa chegamos.
6. SERVIZOS GARDARROUPA, SANITARIOS E SEGUROS. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un médico/a para a atención.
Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición nas instalacións da U.N.E.D. de Pontevedra e con entrada pola Rúa Francia, preto da zona da saída.
7. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
Categoría / Saída / Distancia
Chupetes / 11.10 / 50 m
Pitufos/as e Benxamín / 11.15 / 300 m
Alevín e Infantil / 11.20 / 800 m
Cadete / 11.30 / 1.500 m.
Xuvenil / 11.40 / 2.500 m.
Promesas, Sénior, Veteranos/as 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e Parellas / 12.00 / 8.000 metros
Haberá un avituallamento líquido no km. 4 (ao remate da primeira volta) e na liña de meta facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
Haberá unha meta volante sinalizada no circuíto cun premio especial para o primeiro home e a primeira muller en atravesala.
8. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.
9. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
10. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda persoa non inscrita (con dorsal oficial e chip) non poderá correr nesta carreira e se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización.
POSTERIOR Á CARREIRA
11. DUCHAS E OUTROS. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios habilitados no Pavillón de Deportes do Colexio Marcos da Portela en horario de 12 a 13.30 horas. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...
12. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
Premio especial - Feminino - Deportista de máis idade
Premio especial - Masculino - Deportista de máis idade
(1) Todos/as os/as participantes inscritos na categoría “parellas” non optarán aos trofeos individuais desta carreira.
(2) Todas as “parellas” que suban ao podio serán obsequiadas cun mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com
13. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.15 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio.
14. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá unha merenda axeitada para todos/as os participantes.
15. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Sociedad Gimnástica Pontevedra (Teléfono 986 871 248 de 10 a 12 h. e de 18 a 20 h.), en info @ sgpontevedra.com ou no Facebook en CircuitoDeCarreirasDePontevedra