Lun, 13 Abr 2015, 16:28
Asunto: Re: A MediaSan do Camiño 2015 (12/04/2015)
Nunca entendín o xesto ese de entrar da man na meta.
Pareceme un xesto deportivo dar a man antes ou despois de cruzar a meta, incluso un abrazo, invitar a unhas cañas ou un churrasco... pero entrar da man...
Algunha vez teño visto aos ciclistas como despois de unha longa e sufrida escapada, e a falta de un par de km. se dan a man, pero a partir de ahí leña... e que gane o mellor.
Recoñecer o mèrito de un rival esta moi ben, pareceme perfecto, e fai aos deporistas mais grandes. Incluso en determinadas circunstancias podo entender que alguén renuncie a disputar unha posición. Pero o de entrar da man non o entendo. Será cousa miña. Sei que se da con frecuencia, e que para moitos é un xesto precioso entre compañeiros, cuñados.....
Supoño que será algo así como unha exposición pública de afecto, amistade, ou que sei eu ...
Non digo que esté mal feito, pero non o entendo.
E si está en xogo a primeira posición ainda entendo menos
Faltaría a la verdad si afirmara que estoy en desacuerdo con usted