Mar, 14 Abr 2015, 8:46
Asunto: Re: A MediaSan do Camiño 2015 (12/04/2015)
Ata o quilómetro 18 comparto todos os eloxios e parabéns que merece a mediaSan do Camiño.
Desexo que se consolide esta proba como un referente no calendario das carreiras populares e que á vez sirva de atractivo turístico. Ogallá para o ano se superen as 1000 inscricións.
Pero digo ata o quilómetro 18.
A partir de aí a decisión do Concello de Santiago de levala carreira a carón da AP-9 coa vista no WHITE ELEPHANT ( cidade da cultura), saíndo logo polo Vieiro, as piscinas do Sar, rúa Diego Bernal, Ponte de Sar, Curros Enríquez, Santiago de Guaiaquil, Hórreo, Praza de Galicia e zona Vella pareceme que é que sacrificar a carreira, plantexar o final da carreira con este percorrido é cortar toda posibilidade de que esta carreira vaia medrando nas próximas edicións.
Todos debemos ter presente que nos soportais do Pazo de Raxoi, alí onde moitos estiramos e buscamos un sombra o domingo cando rematou a carreira, aí mesmo, hai un placa que recoñece a cidade de Santiago e o Camiño como PATRIMONIO DA HUMANIDADE. O alcalde de Santiago, os concellais, a Policía Local, os cidadáns en xeral debemos ter presente que o recoñecemento de Santiago e do Camiño non é só un dereito....tamén implica uns deberes, unhas obrigas, un compromiso co Camiño de Santiago... deste xeito a posta en valor do Camiño a nivel turístico, relixioso, espiritual, paisaxístico débese aplicar de xeito transversal na cidade de Santiago, a transversalidade significa que calquera actividade ou evento que se desenrole en Santiago debe ter consideración de xeito primario o Camiño.
Dende este punto de vista a carreira do domingo contribúe a engrandecer o fenómeno xacobeo pero o Camiño Francés ten un itinerario polo barrio de San Lázaro, Valiño, Fonte dos Concheiros, Concheiros, rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Casas Reais a carreira debe respetar o itinerario do Camiño Francés, porque a carreira xorde de xeito natural a partir do mesmo.
Por qué logo non se seguiu o itinerario do camiño ? Foi por cuestións de ordenación do tráfico ?
Na trazado urbán dos últimos 3 kilómetros do pasado domingo atravesáronse uns 9 cruces incluindo a praza de Galicia que normalmente é un dos puntos de maior confluencia e dificultade para o tráfico en Santiago.
Si a carreira viñese polo camiño Francés o número de cruces sería máis ou menos o mesmo (podería detallar o nome das rúas e as interseccións), coa diferencia de que teríamos que atravesar a confluencia da Avenida de Lugo, coa Fonte dos Concheiros, a rúa dos Concheiros e Fontiñas, probablemente alguén na policía local de Santiago pensou que si a carreira atravesaba aquel cruce íase montar un cristo co tráfico en Santiago, pois aquí está a clave de por que a carreira non rematou seguindo o itinerario natural.
Aínda que agora teño outra profesión, dende o ano 2003 ata o 2012 fun profesor de autoescola en Santiago, iso significa que durante 9 anos estiven dando voltas por Santiago coas prácticas, polo tanto permítaseme a dilixencia sobre a opinión acerca deste tema.
A policía local dígolle que a solución nese cruce é facer unha rotonda que permita o paso simultaneo dos vehículos en tódalas direccións ao mesmo tempo, ademais sería máis intelexible para os peregrinos que atravesan dende Fonte dos Concheiros hacia Concheiros e rúa de San Pedro. A solución non é poñer unha cámara para sancionador aos vehículos que pasan os semáforos en vermello, a solución é diseñar a intersección cunha rotonda que permita reducir o número de semáforos (máis de 30 que regulan este cruce).Na pasada semana Santa nese punto houbo 2 colisións con vehículos de turistas que o chegar alí non saben que dirección trazar para facer os xiros, o XPS non soluciona a trazada de cambio de dirección.
A alguén no Concello de Santiago hai que comentarlle que o Camiño de Santiago é o que dá sentido a cidade de Compostela, obviar esta realidade implica non coñecer nin apreciar a cidade na que se vive, traballa e disfruta.
Problema de tráfico o domingo ? Os domingos non hai colexios na Virxe da Cerca, non hai actividade na praza de abastos, non hai docencia no colexio da Salle, a maioría dos comercios está pechados, non hai actividade de distribución de mercancías os comercios minoristas, hai menor frecuencia de liña de autobuses, ademais en Santiago non houbo outros eventos paralelos que dificultasen a organización da carreira como son as manifestacións que se fan normalmente os domingos pola mañá.
Se queremos que a carreira medre nas próximas edicións, tamén ten que medrar o compromiso do Concello de Santiago coa carreira, se a convertemos nun corta e pega ano tras ano a carreira non xenerará o potencial dinamizador que a priori pode ter unha media maratón que transcorre polo Camiño Francés.
A miña participación na próxima edición virá condicionada por este feito.
Eloxios para carreira? todos os que se dixeron son poucos......pero queremos que os parabéns da carreira medren, que o ano próximo o foro da MediaSan non encha 15 páxinas se non que as supere.
Saudos a todos os foreiros.