Foros ›
XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mar, 31 Mar 2015, 7:21
Asunto: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

XII Carreira Virxe da Guía, Ribeira
“A carreira de Carreira”

Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial

Data: domingo, 17 de Maio de 2015.
Hora: a partir das 10:30 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancia: de 50 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e Concello de Ribeira.
Inscrición: límite 300 adultos/300 escolares
Web: www.aavvcarreira.blogspot.com

A Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e o Concello de Riveira, organizan a duodécima edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o domingo, 17 de Maio (Día das Letras Galegas) na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2011 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2008, 2009 e 2010
BENXAMIN atletas nados no 2006 e 2007
ALEVIN atletas nados no 2004 e 2005
INFANTIL atletas nados no 2002 e 2003
CADETE atletas nados no 2000 e 2001
XUVENIL atletas nados no 1998 e 1999
JUNIOR atletas nados no 1995, 1996 e 1997
SENIOR atletas nados entre 1994 e 1981
VETERANOS A atletas nados entre 1970 e 1980
VETERANOS B atletas nados entre 1960 e 1969
VETERANOS C atletas nados en 1959 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1970 e 1980
VETERANAS B atletas nadas en 1969 e anteriores
2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS
10:30 CADETES 1.800 M
11:00 ABSOLUTA (DE XUVENIL A VETERANOS) 10.000 M.
12:10 INFANTILES 1.200 M.
12:20 ALEVINS 1.200 M.
12:30 BENXAMINS 600 M.
12:40 PREBENXAMINS 100 M.
12:50 PITUFOS 50 M.
13:00 ENTREGA DE TROFEOS
3. INSCRICIONS : A partir do Mércores, 01/04/2015
› PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevín, infantil e cadete) Poderán realizalas a través da web www.aavvcarreira.blogspot.com , recheando no cuestionario os datos solicitados. Tamén se poderá formalizar a inscrición presencialmente no Supermercado Gloria (Carreira). O tope de inscritos será de 300 atletas escolares.
A inscrición será GRATUITA para estas probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.
› CATEGORIAS DE ADULTO (xuvenís, junior, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web: www.aavvcarreira.blogspot.com . O prezo da inscrición será de 3 €.
Farase constar na inscrición a forma de pago elexida:
1.- Ingreso en conta: ES74-2080-5158-2730-4001-0419 –(indicar apelidos e nome no concepto e realizar o ingreso nos 3 días seguintes a formalizar a inscrición, senon considerase esta como anulada).
2.- Pago en efectivo no Supermercado Gloria (Carreira)
3.- Pago en efectivo na tenda Revolutrion (Ribeira)
4.- Pago en efectivo o mesmo día da proba ó recoller o dorsal.
O tope de inscritos será de 300 atletas adultos.
Agradeceráse a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.
Admitiranse inscricións ata o o xoves, 14 de maio ás 14 horas, ou ó acadar a cifra tope de inscritos de 300 escolares e 300 adultos. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Colexio da Capela, ubicado ó lado da liña de meta con prazo límite ata 15 minutos antes do inicio de cada proba.
4. PREMIOS
- Trofeo artesán para os 3 primeiros/as clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.
- Copa para os tres primeiros clasificados/as nas categorías alevín, infantil e cadete.
- Medallas para tódolos participantes nas categorías de pitufos, prebenxamíns a benxamíns.
- Trofeo artesán para o primeiro/a do Concello de Ribeira.
- Copa para os segundos/as e terceiros/as do Concello de Ribeira.
Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un premiado non estuvera presente, o trofeo será entregado ó seguinte clasificado.
Record da proba: O corredor ou corredora que bata o actual record da proba terá un premio de 100 euros.
Récord Masculino: 32:38 Alvaro de la Fuente (2013)
Récord Femenino: 35:21 Yolanda Gutierrez (2013)
4. AVITUALLAMENTOS :
Auga no km. 5, e líquidos e sólidos na meta.
5. OUTROS SERVIZOS:
Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán recollerse bolsas co número de dorsal pegado no que deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas hasta o remate da carreira.
5. DUCHAS E APARCAMENTO :
Haberá servicio de duchas no Complexo Polideportivo da Fieiteira, a 1,5 km da liña de meta.
Destinaranse varias zonas de aparcamento gratuito a 200 metros da liña de saída.
6. HOMENAXE:
Este ano o corredor ribeirense homenaxeado, será un dos máis carismáticos corredores do panorama atlético galego: Matías Regueira Boo.
sisi83

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/04/13
1 Carreiras
205 Mensaxes
corrubedo
Respostar citando Envío Mar, 31 Mar 2015, 9:42
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

ali estaremos
trevinca

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/08
0 Carreiras
213 Mensaxes
barbanza
Respostar citando Envío Mér, 01 Abr 2015, 12:55
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Inscricions abertas
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Abr 2015, 11:20
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Ben, como se pode ver no regulamento, hai pequenos cambios na organización desta xa veterana carreira, que por terceiro ano consecutivo repite a distancia dos 10 km.
Estes cambios, básicamente son a rebaixa á metade do precio da inscrición (de 6 a 3 euros), a posibilidade de facer o pago tanto a través da conta bancaria, como en locales comerciales da zona (na tenda Revolutrion, en Ribeira; e no Supermercado Gloria, en Carreira), e mesmo no momento de recoller o dorsal. Estas facilidades veñen dadas por mor das comisións que os bancos están cobrando ós participantes que non teñen conta nesas entidades. Así, vemos sangrante que por esta inscrición de 3 euros, ós non clientes da entidade na que está a conta bancaria, lles cobren outro tanto en concepto de comisión!!! Demo Demo
Eso si...esperamos que os que vaian a pagar "in situ", se comporten deportivamente e non nos deixen "co cú ó aire" ocupando un dorsal (sólo se van a poder inscribir 300 atletas), e despois non aparezan!!! Rezar Rezar
Outro pequeno cambio, é o do premio en efectivo (100 euracos) en caso de rebaixar os records da proba, tanto femenino como masculino, dos anos precedentes neste mesmo percorrido, que ostentan María Yolanda Gutierrez e Alvaro de la Fuente.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Abr 2015, 20:18
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Urko non sexas esixente cos bancos, non ves que levarlle cartos acarréalle jastos?

Poñer un café a un taberneiro sálelle jratis, pero aos porobiños dos bancos cobrarche a tí tres euros por injresar deixaos en calsonsillos.
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2015, 13:20
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Inscrito Moi feliz .....agora a ver si rebaixo a marca do record..... Demo sorrindo

( haaaaayy... soñar e gratis .. Angel )
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Abr 2015, 11:55
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

O record absoluto da proba, dame a min que "va a ser que no", pero tal e como che vin onte marcando ritmo, vas ser a lebre da túa catejoría.

Temos que sacarche a pasear menos que te nos estás a poñer farruco.

Moi feliz
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Xov, 09 Abr 2015, 13:13
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Recordade : Disimulando Disimulando

Podedes formalizar a inscrición d@s escolares presencialmente no Supermercado Gloria ( ao ladiño mesmo da Liña de Saida/Meta.

O tope de inscritos será de 300 atletas escolares.

A inscrición será GRATUITA para as probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Abr 2015, 14:33
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Edu_Iglesias escribió:
O record absoluto da proba, dame a min que "va a ser que no", ...:D

Xalma, mesmo igual non está para batir o record masculino, pero así a bote pronto, ocúrrenseme unha media ducia de corredores que este ano poderíano batir. Máis complicado vai estar rebaixar o tempo femenino de Xolinha, que agora mesmo penso que sólo hai unha corredora en condicións de poder batilo...
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mar, 14 Abr 2015, 13:02
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Edu_Iglesias escribió:
O record absoluto da proba, dame a min que "va a ser que no", pero tal e como che vin onte marcando ritmo, vas ser a lebre da túa catejoría.

Temos que sacarche a pasear menos que te nos estás a poñer farruco.

Moi feliz

Tiñas que me despertar tan axiña ?? Demo
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mar, 14 Abr 2015, 13:06
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Intentaremos darvos todas as facilidades que temos ao noso alcance para que disfrutedes, tanto grandes como pequechos.... por eso.....

RECORDADE :

As inscricións realizaranse a través da web www.aavvcarreira.blogspot.com . O prezo da
inscrición será de 3 €.
Farase constar na inscrición a forma de pago elexida:

1.- Ingreso en conta: ES74-2080-5158-2730-4001-0419 –(indicar apelidos e nome no concepto e realizar o ingreso nos 3 días seguintes a formalizar a inscrición, senon considerase esta como anulada).
2.- Pago en efectivo no Supermercado Gloria (Carreira)
3.- Pago en efectivo na tenda Revolutrion (Ribeira)
4.- Pago en efectivo o mesmo día da proba ó recoller o dorsal.
abraham

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
18/05/12
0 Carreiras
167 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Abr 2015, 13:09
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Chupete Chupete
Xalma escribió:
Intentaremos darvos todas as facilidades que temos ao noso alcance para que disfrutedes, tanto grandes como pequechos.... por eso.....

RECORDADE :

As inscricións realizaranse a través da web www.aavvcarreira.blogspot.com . O prezo da
inscrición será de 3 €.
Farase constar na inscrición a forma de pago elexida:

1.- Ingreso en conta: ES74-2080-5158-2730-4001-0419 –(indicar apelidos e nome no concepto e realizar o ingreso nos 3 días seguintes a formalizar a inscrición, senon considerase esta como anulada).
2.- Pago en efectivo no Supermercado Gloria (Carreira)
3.- Pago en efectivo na tenda Revolutrion (Ribeira)
4.- Pago en efectivo o mesmo día da proba ó recoller o dorsal.

URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Abr 2015, 14:23
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Por certo, señor Abraham, estamos á espera de que nos confirme que os trofeos da Guía están listos!!

(Abraham, gran corredor carreirense e diseñador dos trofeos artesáns... Aplauso Aplauso )
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Abr 2015, 7:06
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

Este ano imos ter nova empresa cronometradora: trátase de Galitiming, que xa realizou o cronometraxe do trail de Couso e, recentemente, da carreira do Corgo.
Esperamos que os resultados sexan do agrado dos participantes!! Chupete Chupete
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Abr 2015, 8:38
Asunto: Re: XII CARREIRA VIRXEN DA GUIA "A Carreira de Carreira"

A nós non nos fallaron!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos