Xov, 13 Set 2007, 15:41
Asunto:
Vou contar a derradeira fazaña de
Afiador.
Correu a maraton de montaña de Penedos do Lobo acadando unha meritoria 9º plaza a unhos 18 minutos do gañador. Ata aqui todo normal, pero imaxino que a meirande parte dos corredores chegarían a proba con bastante preparación. Pois el por circuntancias levaba duas semanas sen adestrar. Tendo que atender polo día a sua explotación gandeira e pola tarde-noite facer de improvisado camareiro por cuestions familiares. Durmindo 4 horas.
Outro, eu mesmo, xa non se presentaría a saida dunha carreira, e moito menos a unha maraton de montaña.
Sentiame na obriga de conta-lo, pois
Afiador e demasiado modesto como para facelo. Estou seguro que esta tempada que vai comezar vai ser a do seu despegue en canto se centre adestrando, e sobre todo cando se faga malo, malo, requetemalo na competición.
Eu sempre lle digo que hai que ter instinto agresivo na competición, e que se ten que vir
"al lado oscuro" onde fai tempo que eu habito e non me vai mal, e deixarse de cursiladas coma
"que la fuerza te acompañe", pois a forza e vil e traiconeira e sempre te abandona no peor momento da carreira.
Este consello vai tamen para
Vidalix e
Vicman que ainda estan moi tenros, no asi para
O Morito que lle abonda maldade para dar e tomar.