Dom, 19 Abr 2015, 18:28
Asunto: Re: IV Maratón Coruña42 2015 (19/04/15)
Pois eu feliz a pesares de non facer nin marca, nin cumprir obxectivos xa que non ostiña
Esta é a crónica que fixen rápidamente para a miña páxina do face:
"Logo de ter pulverizado a miña marca en maratón por dúas veces no 2014 o corpo e a cabeza pedíanme descansar de preparar carreiras tan exixentes así que decidín tomalo con calma e facer quilómetros por puro pracer, pero enton o corpo revelouse e colleu un constipado de tres semanas, o sair del colleu outro mais pequeno, logo fun aprender esquiar e no segundo día comprobei que son menos flexible do que semella (que é bastante) con resultado de rotura de fibras e imposibilidade de correr nun tempo e, por si fora pouco, ao regreso de Andorra tamén sufrín un virus que deixoume tumbado unha semana. Impresionante
Peroooooo, levaba quince anos correndo a VIG-BAY e non podía deixar de correr a número dezaseis, co cal decidín comprobar si coa forza mental e sen adestramento era quen de rematala: e fun quen de facelo :-); e de perdidiños ao río !!! e si probaba a correr tamén a maratón de Coruña tamén lesionado e sen apenas quilómetros ???
Pois foi !!!!
3h e 38m despois de dar a saída entrei pola Meta sen ter parado de correr en ningún momento e coa dor controlada aínda que a partires do 32 notei a falta de quilómetros nas pernas. Iso sí, isto non tería sido posible si non levara ao meu lado toda a carreira a dous grandes compañeiros e amigos:
Papabaloo e
Javi Seoane que por muito que eu insistía en que foran mais rápido eles agardaban e tirabans de mín (eu quería que marchasen para poñerme a camiñar pero non goubo xeito, ufff !!! ).
Moitas grazas compañeiros !!!
O mais duro foi chegar camiñando dende María Pita ata o hotel
pero agora xa coma novo e con retos maiores e para os que estou mellor preparado no meu campo de traballo
E para rematar isto, os meus parabéns para o meu bo amigo e irmán Beauvais. Compañeiro, había tempo que estabas sobradamente preparado para baixar das 3 h pero facía falla que se deran dúas circunstancias: o día perfecto para correr e alguén que te levara con cabeza e non coas presas túas das anteriores maratóns
Parabéns e aperta.
E que dicir dos compañeiros da Canuda Quique Estevez Im-presionante e Bernardo Duran fantástico (aínda que na próxima vou volver mellorar a túa marca jajajajajaja
..e tampouco esquezo o apoio de moitos amigos e compañeiros do foro pero en especial de
Banderas e
Pi Pi C por estar mandando tan boa enerxía.
A decimooitava será en Valencia