Mér, 04 Mar 2015, 10:36
Asunto: HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015
HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015
Descrición
A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, UNICEF ou o Círculo Mercantil de Vigo.
A carreira de 10 KM forma parte do
Circuíto de Carreiras Populares de Vigo, polo que as persoas participantes na HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015 quedarán inscritas automaticamente no circuíto.
A andaina presenta un percorrido moi atractivo polos arredores do campus Lagoas-Marcosende no que un dos puntos de reunión será no miradoiro de Beade, dende onde se pode observar a Ría de Vigo, a cidade enteira, a península do Morrazo, as Illas Cíes e, no caso de bo tempo, as Illas Ons.
Información xeral
A IX edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro
26 de abril no Campus Lagoas – Marcosende e nela agárdase superar ás 800 persoas participantes.
Este ano o circuíto da carreira mantense sen cambios respecto das últimas dúas edicións e consistirá en dúas voltas de 5 quilómetros. Hai dúas posibilidades de participación:
• 10K (dúas voltas ó circuíto)
• 5K (unha volta ó circuíto)
• Andaina: Nesta edición organizarase de xeito paralelo unha andaina de 10 km de lonxitude que transcorrerá polo entorno do Campus Universitario.
Inscricións
As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde e nadas no ano 1997 ou anterior, no caso da carreira, ou no ano 2002 ou anterior, no caso da andaina.
Efectuaranse exclusivamente a través do enlace coa páxina de
www.championchipnorte.com.
O prazo estará aberto dende o 2 de marzo ata as 23:59 h do martes 21 de abril.
Límite de prazas
• Carreira: 900 prazas.
• Andaina: 200 prazas
Taxas
Carreira 10-5km :
• Comunidade universitaria Uvigo: 5 € (4 € de inscrición + 1 € solidario con UNICEF).
• Outras persoas participantes: 7 € (6 € de inscrición + 1 solidario con UNICEF).
Andaina: Persoas en xeral: 3 €
Premios e trofeos
Os premios para as tres primeiras persoas da clasificación xeral tanto masculina como feminina serán en metálico e cos seguintes importes:
1º 400€
2º 300€
3º 200 €
Horarios
• Andaina:
09.00 h - 09.30 h > Acreditación para a andaina: no Teatro Vidal Bolaño (Área Comercial do Campus Lagoas-Marcosende).
09:30 h > Saída da andaina: dende a Praza Miralles.
• Carreira:
9.30 h - 10.30 h > Acreditación e recollida de dorsais para a carreira: no Teatro Vidal Bolaño (Área Comercial do Campus Lagoas-Marcosende).
11:00 h > Saída da carreira: dende a Piscina Universitaria (CDU AQUA - Vigo).
Entrega de premios e agasallos: ás 12:30 h no Teatro Vidal Bolaño.
Prepara os 10 KM con nós
Contacta con atletismo @ uvigo.es ou cos monitores das salas cardio-fitness dalgún dos 3 campus e axudarémosche a preparar a proba e contar con axuda técnica cualificada que necesitas.
Outros datos de interese:
- Mercado Outlet:
DEPORTES GONZÁLEZ montará na Área Comercial do Campus un Outlet con grandes oportunidades e descontos en roupa e material deportivo.
- Xantar:
Por so 4 € poderedes comer na propia Area Comercial do Campus (PAPO´s) elixindo entre churrasco con patacas fritas ou macarróns á boloñesa. O menú inclúe auga e rosca e os tickets estarán á venda durante toda a mañá no propio local do PAPO´s.
- Servizo de ludoteca:
Operativo dende as 09.30 ata as 13.30 h. para nenos e nenas maiores de 2 anos.
- Aparcadoiros:
Estarán dispoñibles para a súa utilización os aparcadoiros da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, das Escolas de Enxeñaría Industrial e Telecomunicacións e do CACTI.
Máis información en:
Paxina do evento:
www.deportes.uvigo.es/...o-running/
Regulamento:
www.deportes.uvigo.es/...g-2015.pdf
Última edición por 10KUvigo o Mar, 21 Abr 2015, 9:26; editado 1 vez