Foros ›
Andaina SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
olangullo

Montañés
Montañés
26/09/10
0 Carreiras
210 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 24 Abr 2015, 11:39
Asunto: Andaina SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO

Este ano e facendonos eco das críticas constructivas, modificamos o percorrido sendo moito menos dura e accesible para todo o mundo. É un evento que queremos potenciar e mellorar. Cremos que o fin da andaina, é disfrutar dun mañá de domingo polo monte. Terá 12 km. cun percorrido moito máis bonito.
As inscricións realizaranse:

1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web:

championchipnorte.com/.../9?search=


Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das direccions que se sinalan a continuación:

Tenda RUN 04 de Ourense
Direccion: Avenida Buenos Aires 17 (parque das mercedes)
Tf: 988613503

Concello de Maceda
Direccion: rúa toural 2, 32700 Maceda
Tf: 988463001
jacpmaceda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/07/09
0 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 24 Abr 2015, 12:09
Asunto: Re: Andaina SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO

Ademais un ano máis este evento ten un lado solidario que nos define, este ano decidimos aportar o 20 % da recaudación das inscricicións o seguinte proxecto promovido pola ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA DE MACEDA.

Programa: Loita contra a pobreza e a exclusión

Colectivo: Persoas afectadas pola crisis socioeconómica en xeral (ingresos menores a 500€/mes) en particular.
Maiores con Responsabilidades familiares (maiores de 65 con fillos e netos a cargo, máis de 2 membros na unidade familiar).
Persoas de familias con todolos membros en paro (ingresos menores a 500€/mes).
Parados longa duración (máis de 1 ano en desemprego)
Persoas sin Fogar
olangullo

Montañés
Montañés
26/09/10
0 Carreiras
210 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Mai 2015, 14:35
Asunto: Re: Andaina SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO

Quedan unha semana, podedes apuntarvos en www.chamipnchipnorte.com e serguirnos polo Facebook se buscades SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO
jacpmaceda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/07/09
0 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Mai 2015, 10:41
Asunto: Re: Andaina SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO

Deixámosvos algunhas das fotos que sacamos durante o evento para que as vaiades disfrutando:

docs.google.com/folder...=drive_web
jacpmaceda

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/07/09
0 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Mai 2015, 8:32
Asunto: Re: Andaina SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO

Dende a organización do SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO queremos dar as gracias un ano máis e xa van cinco, a tódolos patrocinadores ABANCA, EROSKI CITY MACEDA, RUN 04 e ós colaboradores CONCELLO DE MACEDA, FERRETERÍA GREGORIO, CASTELO DE MACEDA, HOTEL ANSUIÑA, CASERÍO DA CASTIÑEIRA, FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO, ECOFM, CLUBE RIBEIRA SACRA E INORDE, por creer e apostar por este modesto proxecto que pretende unir deporte e solidariedade e que paseniñamente vai medrando ano tras ano.

Queremos recoñecer dun xeito especial o enorme traballo levado a cabo por tódolos voluntarios/as que acudiron este domingo 17 de Maio a botar unha man para que este proxecto saíse adiante (voluntarios/as de cruz vermella de Ribadavia, Maceda e Ourense, voluntarios de Protección Civil de Parada do Sil, Veciños de Castro de Escuadro e Voluntarios/as en xeral), a todos vós un millón de gracias, pois sin vós este proxecto non se faria realidade.

Por último queremos dar as gracias a tódolos/as que vos achegastes a Castro de Escuadro este domingo pasado para participar nalgunha das modalidades deste V SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO (Andaina ou Carreira), a través da vosas inscricións poidemos recaudar 611 € que serán destinados o programa de "LOITA CONTRA A POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL", xestionado pola ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA DE MACEDA.

Obxectivo: VI SAN MAMEDE DESAFÍO SOLIDARIO





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos