Sáb, 25 Abr 2015, 11:53
Asunto: Desagradable incidente ao remate dunha carreira
Este xoves celebrouse a Carreira Universitaria Solidaria Campus na Nube en Santiago, e una vez acabada vivín un incidente que nunca antes nos case quince anos que levo correndo presenciara. Durante estes días dudei se compartilo ou non, pero ao final pareceume que deixalo pasar sen máis sería dar como normal algo que na nosa afición non debería selo.
A carreira remataba no estadio de atletismo, así que unha vez cruzada a meta fun ata a barandilla que hai debaixo das gradas xunto a meus pais para esperar a que miña irmá chegase á meta. Apenas levaba un minuto alí falando con eles cando algo me toca na espalda e me pregunta
“Mira, perdona, no serías tú uno que se coló hacia abajo en vez de ir al parque?”; eu xireime e díxenlle
“No, mira, creo que te estás confundindo” con bastante sorpresa. O home insistiu
“Es que hubo un chico de camiseta de color X que se me coló allí...” Volvín a darme a volta e xa lle dixen
“Mira, xa che contestei... Aqueles señores de sudadeira naranja son os xuíces; este de aqui XXX é o meu número de dorsal; a partir de ahora o que queira decir xa o falas con eles.”
Pero parece que o home aínda tiña algo máis que dicir...
“Es que yo creo que sí que eras tú”. Entonces meu pai, xa cansado díxolle
“Eu tamén podo dicir que había un señor na carreira con barbita que é bobo, e non por eso tes que ser tú” ao cal lle contestou
“Ahh si, ya sé quien dices... ¡tu padre!”. Aí xa interviñen eu e díxenlle
“Anda, que carallo tes ti que dicir...por que non te largas xa?” E meu pai díxolle
“¡Eres un sinvergüenza!” Entonces o home achegouse a meu pai e deulle unha bofetada na cara.
Aquí xa se empezou a desmadrar todo... quince segundos de como te colla, tu no sabes con quien estas hablando, quen te crees, que non che volva a ver... cunha barandilla de por medio e apartandoos para que non pasase nada máis que a bofetada.
O feito xa é desagradable de por sí, creo eu; pero cando ao chegar a casa vexo que a persona coa que me acababa de pasar esto é unha persoa de moita responsabilidade nun club de atletismo...para min xa pasou de ser simplemente desagradable a ser bastante triste.
Penso que actitudes así non teñen cabida no noso deporte; e as persoas que teñen estas actitudes tampouco deberían telas. Menos aínda deberían estar presentes estas actitudes en persoas que teñen responsabilidades na formación (que espero que non sexa solo deportiva) de chavales.
Por sorte, este tipo de cousas destacan pola súa excepcionalidade, e como tal compártoa; desexando que para os que practicamos o atletismo, corremos ou facemos “running”, este tipo de incidentes sigan sendo absolutas excepcións.
Última edición por Anton_G o Sáb, 25 Abr 2015, 13:02; editado 1 vez