Lun, 27 Abr 2015, 18:41
Asunto: Re: III Carreira Popular Concello de Touro (26/04/15)
Dende a organización agradecervos a todos a vosa presenza en Touro onte.
Agradecer tamén a aposta da concellería de deportes por este tipo de eventos, pois sen o seu apoio loxístico e sobre todo económico, a proba sería moi dificil de levar a cabo.
Agradecementos tamén os meus compañeiros do concello,voluntarios, garda civil, etc..., xa que todos puxeron da súa parte para tentar que todo estivese preparado e a proba saise adiante.
Nos tentamos mellorar edición tras edición naquelas cousas que imos detectando erros, tratando de subsanalos e que non se volvan producir.
O vindeiro ano, máis e mellor, a ver se por fin a xente se anima a darlle un saltiño de participación á proba.
Un saúdo e grazas a todos.