Dom, 03 Mai 2015, 18:29
Asunto: Re: Carreirón 10K - Illa de Arousa (03/05/2015)
Primeiro felicitar a organización, voluntarios, patrocinadores e entidades colaboradoras. Non me esperaba tal nivel de perfección.
Se existe unha primeria edición mellor organizada, que veñan e me digan cal. Eu aínda non fun a ningunha mellor. E casi diría maís, creo que entre as 2-3 mellor organizadas das que asintín. Canto poderían aprender outros organizadores deste carreira.
Entrega de dorsais preparada, chegabas e che daban unha bolsa con todo o que che correspondía, nada máis fácil, incluída a bolsa para o gardaroupas (por certo, unha camiseta preciosa).
Todos o km sinalizados. Todos os sitios estreitos marcados cun carteis, e con un voluntario avisando. Todos os puntos de madeira, con serrrín para que non se resbalase e un voluntario avisando. Todos os cruces, ou posibles cruces, con voluntarios indicando o camiño. Onde podía haber risco de caída, un voluntario, e ademáis acordoado.
Carreira de pequenos perfectamento organizada, se líos nen problemas.
Entrega de premios rápida e amena.
Increíble, aínda non mo creo, pero foi realidade.
So felicitar a organización, para ser unha primeira edición, un 10. En serio, un nivelazo. So falta que para o ano se faga o circuito que tiñades de primeria opción (pois este en dúas voltas un pouco duro). Pero as vista a ría de Arousa, O monte da Curota.. sen prezo.
Non penso faltar a seguinte edición, o primer día que abra a inscripción para o ano que ben, alí me teredes apuntado.