Dom, 10 Mai 2015, 18:13
Asunto: Re: VIII CARREIRA DE OUTES 17/05/15
Como o prometido e débeda, vou colgar a descripción do percorrido que fixen o ano pasado.
Saindo a carón do campo de fútbol. O 1º Km. por asfalto é practicamente chan
No 1,200 xuto ao pasar a Gasolinera direción Noia collemos a esquerda e subida de 50 mts. duros, ao rematala enlazamos co 1º tramo de terra en baixada uns 100mts e subidiña moi lixeira duns 50 mts para a continuación baixar por terra uns 150mts.
Km 2 con varios sube e baixas, pasando por detrás do circuito de Karts; do 2,600 ao 3000 subida dura por asfalto e posterior baixada polo outro lado de case 200 mts. A partir de ahí outro tramo en terra duns 500mts. cunha lixeira subida ao final deles duns 70 mts. suaviños e xa estamos no km4.
Agora baixada e outro tramo por terra cunha subida duns 300 mts. sendo a mitad deles duros.(a min esta subida atragántaseme) P.k. 4500 e entramos no asfalto para facer 500 mts. chans e chegar ao Km 5 de carreira (control de chip) baixada de 150 mts e subida tendida de 200 mts (por aquí, debe estar o avituallamento).
A partir de eiqui so queda unha subida o resto xa é baixar e llanear. Por asfalto e terra.
No pto. Km. 7 está a derradeira subida da carreira, xusto ao pasar a Ponte do Ruso (fermosa ponte de granito do ano 1746 cun único arco de medio punto de 11,5 mts. de longo que cruza o rio Tines).
Aquí temos 170 mts. duros e por terra, pero xa temos rematada a carreira en canto a dificultades xa que dende aqui Km7,300 máis ou menos e todo doado para voar os que teñan forzas. Pk. 8 está chegando a piscina,
Ao chegar o P.k.8,400 entramos no paseo fluvial a carón do Río Tines, sendo algo máis dun kilómetro.
Rematamos o paseo, cruzamos pola ponte/pasarela de madeira do río Tines e so quedan 500 mts. e a carreira está rematada, só nos queda agardar polos aplausos do público na chegada
Esta semana hei de facer o percorrido para ver como se atopan os tramos de terra.