Dom, 17 Mai 2015, 7:53
Asunto: Re: I Carreira popular Terras de Iria (Cambio de Data 16/05/
menuda carreiriña, 14 kms que se me fixeron eternos...
A primeira vez que me enfrentaba a unha distancia tan " larga " en competición, afeita ás de 7 e 10 kms.
O vento e a calor tampouco axudaron moito..
Outra sorpresa, ademáis da modificación da distancia foi a falta de costas que todos previamos vendo o perfil que estaba colgado.
Fomos reservando para o final, e as costas non apareceron por ningures... Para min mellor, que non sufrin tanto...
Outro detalle que se repite por desgracia en moitas carreiras:
Os que imos de últimos nunha carreira temos os mesmos dereitos que os que van de primeiros, o non pode ser que ó chegar á Padrón, e nunha rúa peatonal ateigada de xente, non haxa " ninguén " nin " nada " que avise do paso da carreira, e teñamos que sortear á xente coma obstáculos. Non había sinalizacions neste tramo do percorrido e tivemos que adiviñar por onde ir...
En fin... Espero que tomen nota para a vindeira edición...
E xa para rematar... MIL GRACIAS a Protección Civil e os chicos de Emesports que nos animaron e se preocuparon por nós durante todo o percorrido, e nos axudaron así a chegar á meta.
Saúdos!!!
PD. A camiseta moi chula!!!