Foros ›
PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Mai 2015, 13:23
Asunto: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

Información sacada do www.facebook.com/Circu...Pontevedra

REGULAMENTO DA III CARREIRA PONTENOITE 5+5 “RUN FOR PARKINSON´S”

PREVIO Á CARREIRA

1. ORGANIZADOR: O Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e coa dirección técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizan a “III Carreira PonteNoite 5+5 2015. Run for Parkinson´s”

2. DATA: Será o sábado 13 de xuño de 2015, a partir das 21.30 horas.

3. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
Categoría // Idade Menor // Idade Maior // Hora Saída // Distancia
Chupete // De 00 // A 04 // 20.30 // 50 m.
Pitufo/a // De 05 // A 07 // 20.45 // 300 m.
Benxamín // De 08 // A 09 // 20.45 // 300 m.
Alevín // De 10 // A 11 // 20.50 // 600 m.
Run for Parkinson´s // De 00 // A 99 // 20.50 // 600 m.
Infantil // De 12 // A 13 // 21.00 // 1.300 m.
Cadete // De 14 // A 15 // 21.00 // 1.300 m.
Xuvenil // De 16 // A 17 // 21.10 // 2.600 m.

Promesas // De 18 // A 22 // 21.30 h - 10.000 m. (CCCP) // 21.35 - 5.000 m.
Senior // De 23 // A 34 // 21.30 h - 10.000 m. (CCCP) // 21.35 - 5.000 m.
Veteranos/as 1 // De 35 // A 39 // 21.30 h - 10.000 m. (CCCP) // 21.35 - 5.000 m.
Veteranos/as 2 // De 40 // A 44 // 21.30 h - 10.000 m. (CCCP) // 21.35 - 5.000 m.
Veteranos/as 3 // De 45 // A 49 // 21.30 h - 10.000 m. (CCCP) // 21.35 - 5.000 m.
Veteranos/as 4 // De 50 // A 54 // 21.30 h - 10.000 m. (CCCP) // 21.35 - 5.000 m.
Veteranos/as 5 // De 55 // A 59 // 21.30 h - 10.000 m. (CCCP) // 21.35 - 5.000 m.
Veteranos/as 6 // De 60 // A 64 // 21.30 h - 10.000 m. (CCCP) // 21.35 - 5.000 m.
Veteranos/as 7 // De 65 // En diante // 21.30 h - 10.000 m. (CCCP) // 21.35 - 5.000 m.

Haberá dúas saídas a partir das 21.30 horas; a primeira será para os/as participantes na distancia de 10.000 metros (que puntuarán para o CCCP), e a segunda para os/as participantes na distancia de 5.000 metros (que non puntuarán no CCCP). Quen se inscriba nunha categoría non disputará a outra.
Todos os corredores masculinos que acrediten nos anos 2014 ou 2015 (no momento de inscribirse) un tempo igual ou inferior a 35 minutos 00 segundos na distancia de 10.000 metros, ou 1 hora 15 minutos 00 segundos en medio maratón, terán un recinto preferente para tomar a saída; no caso das corredoras que acrediten nos anos 2014 ou 2015 (no momento de inscribirse) un tempo igual ou inferior a 44 minutos 30 segundos na distancia de 10.000 metros, ou 1 hora 34 minutos 00 segundos en medio maratón, terán un recinto preferente para tomar a saída.

4. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde para tomar parte nesta proba.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

5. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Run For Parkinson´s, Promesas, Senior e Veteranos/as ata as 23:59 horas do día 09 de xuño de 2015 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba; farase na web www.championchipnorte.com
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 18.00 ata as 20.00 horas), no propio edificio do Concello de Pontevedra indicando o nome do/a participante e ano de nacemento.
- Para a categoría “Run For Parkinson´s” o/a deportista que se inscriba doará a cantidade íntegra da cota de participación (5 €) á Asociación de Párkinson da Provincia de Pontevedra máis, de ser o caso.
- Para as categorías Promesas, Sénior e Veteranos/as o/a deportista que corran o 10.000 pagarán a cota de 10 € por persoa máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip por persoa (é obrigatorio o seu uso).
- Para as categorías Promesas, Sénior e Veteranos/as o/a deportista que corran o 5.000 pagarán a cota de 5 € por persoa máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip por persoa (é obrigatorio o seu uso).
- Para o resto das categorías “menores” a inscrición é de balde.
Os/as deportistas inscritos no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2015, non pagarán ningún tipo de inscrición a maiores nesta carreira. As persoas interesadas en pertencer ao CCCP 2015 terán que informarse en www.championchipnorte.com
En caso de que calquera deportista inscrito no CCCP quera correr a carreira de 5.000 metros (non a de 10.000 metros) poderá facelo enviando antes do remate do prazo de inscrición un correo-e a consulta @ championchipnorte.com co seu nome completo e número de dorsal, e sendo consciente de que non puntuará para o CCCP.
No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Senior e Veteranos/as que se inscriba e pague, estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde e a Organización devolveralle os cartos (polo mesmo medio que fixo o pago), agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá carto algún. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
Categoría // Data tope // Inscrición // Recollida de dorsais // Cota // Sistema de inscrición // Cor de
dorsal // Aluguer de chip
Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil // O día 13 de xuño de 11.00 a 13.00 e das 18.00 e as 20.00 horas na saída // De balde // Persoalmente o titor/a, co nome, teléfono de contacto e DNI // Azul // Non alugan chip

Categoría // Data tope // Inscrición // Recollida de dorsais // Cota // Sistema de inscrición // Cor de
dorsal // Aluguer de chip
Run for Parkinson´s // Ata as 23.59 horas do 09 de xuño // O día 13/06 de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.30 no Concello de Pontevedra // Cota solidaria de 5 € íntegros para a Asociación de Parkinson de Pontevedra // Na web
www.championchipnorte.com // Especial “Run For Parkinson´s” // 1 €, de non telo en propiedade

Categoría // Data tope // Inscrición // Recollida de dorsais // Cota // Sistema de inscrición // Cor de
dorsal // Aluguer de chip
Promesas, Senior, Veteranos/as 1, Veteranos/as 2, Veteranos/as 3, Veteranos/as 4, Veteranos/as 5, Veteranos/as 6 e Veteranos/as 7 // Ata as 23.59 horas do 09 de xuño // O día 13/06 de 11 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.30 no Concello de Pontevedra // 5.000 - 5 € e 10.000 – 10 € // Na web
www.championchipnorte.com // “Vermello” para o CCCP, “Branco” para a carreira de 10.000 m., “Amarelo” para a carreira de 5.000 m // 1 €, de non telo en propiedade

6. ACCIÓN SOCIAL. Este ano unha vez máis a Carreira Pedestre PonteNoite 5+5 Run for Parkinson´s, como parte do esforzo que a cidadanía de Pontevedra fai diariamente, a Organización acorda coa Asociación de Parkinson da Provincia de Pontevedra, coa Asociación Difusión Felina de Protección dos Animais, e coa Asociación Protectora dos Cans Os Palleiros, o seu apoio mutuo para a difusión da súa labor imprescindible.



DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade é achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta. De non ser así os estacionamentos públicos de pago máis próximos á saída, son os da praza de España e Av. Montero Ríos. A zona de aparcamento de balde recomendada é no peirao das Corbaceiras (San Roque), xunto á Autoridade Portuaria de Marín – Pontevedra, aínda que tamén atoparás estacionamento de balde xunto ao Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra, que é o lugar onde estarán situadas as duchas.

8. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase nas instalacións do edificio do Concello de Pontevedra na praza de España o sábado 13/VI das 11 h ata as 13 h e das 17 ata as 20,30 horas. Para que todas as persoas de fora da comarca de Pontevedra cheguen a tempo á saída, prégase aos veciños e veciñas da comarca que pasen previamente a recoller o seu dorsal.
Os/as deportistas inscritos no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2015, que participasen nalgunha das anteriores carreiras deben de usar o dorsal vermello entregado naquelas carreiras, e no caso de que non o teñan, terán que solicitalo por correo-e a consulta @ championchipnorte.com indicando o nome e apelidos do deportista, así como o número de dorsal. As persoas do CCCP que non recolleran o seu dorsal, e a bolsa do corredor/a, poden pasar a recollelo no mesmo horario anterior.

9. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un médico/a para a atención.

10. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.

11. AVITUALLAMENTO. A carreira de 10.000 contará con avituallamento líquido no kilómetro 6 (aproximadamente). Ao remate de todas as carreiras haberá avituallamento sólido e líquido axeitado.

12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou a Organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

14. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.

16. GARDARROUPA E DUCHAS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a partir das 20.30 horas e ata as 22.45 horas a súa disposición na sede do propio Concello de Pontevedra (praza de España, s/nº); e teremos duchas a disposición no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra (R/ Juan Manuel Pintos, s/nº) dende as 22.00 ata as 23.30 horas.


POSTERIOR Á CARREIRA

17. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,... e para todas as persoas que queiran participar haberá antes e despóis das carreiras de 5.000 e de 10.000 metros, unha master class de Zumba a cargo de Car Novoa e outras instructoras.

18. PREMIOS. Haberá unha clasificación final absoluta para o 10.000 e outra para o 5.000.
Categoría 10.000:
- Todos os corredores/as inscritos no CCCP 2015 que corran o 10.000 puntuarán para o Circuíto de Carreiras de Pontevedra 2015.
- Premiarase como vencedores absolutos do 10.000 aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.
- Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados/as das categoría Promesas, Sénior e todas as de Veteranos/as na carreira do 10.000.
Categoría 5.000:
- Premiarase como vencedores absolutos do 5.000 aos tres primeiros homes e mulleres en rematar.
No resto das categorías recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira
Todos os deportistas masculinos e femininos absolutos que cheguen a meta nos postos 100º, 150º e 200º das carreiras do 10.000 e 5.000 serán obsequiadas cun mes de asesoramento deportivo de balde a cargo de Rungalicia.com

19. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 22.45 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio.

20. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Sociedad Gimnástica Pontevedra (Teléfono 986 871 248 de 10 a 12 h. e de 18 a 20 h.) ou no correo-e info @ sgpontevedra.com


Última edición por Musgo o Mar, 02 Xuñ 2015, 11:45; editado 4 veces
maillotamarillo

Maratoniano
Maratoniano
28/11/14
90 Carreiras
439 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 22 Mai 2015, 12:15
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra

una información amplia y detallada. Yo ya estoy inscrito. Aplauso

1 milla 05:27 MILLA DIABETE 2015

5 km 19:43 CARREIRA DO PAVO 2015

10 km 43:14 INTERRUNING

Media maratón 1:35:53
VIGO 2017

Maraton 3:27:06
VIG-BAY 2019
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Xuñ 2015, 9:34
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

So indicar, que non aparece no calendario do foro.
tonipc

Novo foreiro
Novo foreiro
2/02/14
6 Carreiras
23 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 02 Xuñ 2015, 12:49
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

Alguien que fuera el año pasado puede contar impresiones
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 02 Xuñ 2015, 14:34
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

tonipc escribió:
Alguien que fuera el año pasado puede contar impresiones

Trazado totalmente urbano, con bastantes curvas y un par de repechos por cada vuelta, el más duro antes de meta (calle arzobispo malvar, debajo del campillo de santa maria)
tonipc

Novo foreiro
Novo foreiro
2/02/14
6 Carreiras
23 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 02 Xuñ 2015, 15:37
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

mateotn escribió:
tonipc escribió:
Alguien que fuera el año pasado puede contar impresiones

Trazado totalmente urbano, con bastantes curvas y un par de repechos por cada vuelta, el más duro antes de meta (calle arzobispo malvar, debajo del campillo de santa maria)
gracias compañero Aplauso
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 02 Xuñ 2015, 18:23
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

tonipc escribió:
mateotn escribió:
tonipc escribió:
Alguien que fuera el año pasado puede contar impresiones

Trazado totalmente urbano, con bastantes curvas y un par de repechos por cada vuelta, el más duro antes de meta (calle arzobispo malvar, debajo del campillo de santa maria)
gracias compañero Aplauso

Disculpa, pero arzobispo malvar mo es antes de meta, es la cuesta que acaba cerca del punto de salida, pero luego el circuito continua antes de completar más vuelta. Y por cierto, vuelve a haber otro repecho y luego llano antes de meta Silbar
adrianvives

Novo foreiro
Novo foreiro
19/05/14
14 Carreiras
39 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 02 Xuñ 2015, 19:52
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra

en www.runningmap.com/beta/ he hecho el circuito que sale en el reglamento. Poniendo Pontevedra en buscar, en full search view ya lo encontráis.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4778 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 02 Xuñ 2015, 20:27
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

gracias por el aporte

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
tesiego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/10/13
12 Carreiras
57 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Xuñ 2015, 12:54
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

El año pasado la organización no fue muy allá.... es probable que repita y espero que hayan mejorado
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Xuñ 2015, 6:49
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

Al ser un circuíto urbano por la zona vieja de Pontevedra (la salida es de 5 metros de anchura), la estrategia es muy importante....

Es un circuito tipo "Formula 1 en el circuíto de Mónaco".... los adelantamientos se hacen complicados en los dos primeros kilómetros, el circuíto aunque vallado siempre te puedes encontrar a algún peatón que se salta todo (porque le está ardiendo la casa), si no conoces muy bien el recorrido te puedes encontrar "perdido" y pensar que quedan 1.000 metros cuando te queden 3.000 (al ser una ciudad histórica), mucho público por casi todo el recorrido,...

Si quieres hacer un tiempazo, esta no es tu carrera... esta es para flipar con la gente, el paisaje, pensar bien donde tirar,.... NO ES UNA PISTA DE TARTÁN jajajajaj

Y LUEGO ESTÁN LAS CENAS CON LOS AMIGOS POR PONTEVEDRA
maillotamarillo

Maratoniano
Maratoniano
28/11/14
90 Carreiras
439 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Xuñ 2015, 7:04
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

Si es tan " ratonero" igual me cambio al 5k, que tiene menos participación y salen 5 minutos más tarde
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4778 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 07 Xuñ 2015, 17:41
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

sabeis si van a incluir en el circuito de correr en galicia?

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 07 Xuñ 2015, 18:26
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

lihto escribió:
sabeis si van a incluir en el circuito de correr en galicia?
hola lito, repito o mesmo q escribin en monteporreiro, e ninguen contestou" hai un post dun colaborador circuito, onde di que puntuan todas as probas do CCCP 2015".
dou por suposto que si, pois o post segue ahi, e ninguen o desmintiu.
pero estaria ben q aparecese, tanto no calendario, como no circuito, pois non esta.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4778 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 07 Xuñ 2015, 19:08
Asunto: Re: PonteNoite 5+5 Run For Parkinson´s(CCCP) en Pontevedra 13/06

gracias oscar,mi intencon era ir,pero este tema esta tan parao..........

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos