Dom, 17 Mai 2015, 18:24
Asunto: Re: Ultratrail Picos de Europa, 16 e 17 maio 2015
pois satisfeito marcho de Onis, nesta primeira edicion do ultratrail dos Picos de Europa.
saimos as 7:00 do pavillon do concello ca musica de ACDC dando animos.
subida con algo de tapon por camiño estreito, uns prados, algo de pista, e de repente montañas.
a paisaxe parecia dos dibuxos de Heidi nos Alpes, con cumes brancas ainda en maio.
trotabamos Adolfo, Norris Uruguasho e eu a bo ritmo.
de Magonito non sabiamos nada.
sufrin moito nas baixadas tecnicas, sobre todo en Culiembro, onde surfeabamos sobre crollos e gravilla, je, je, de maneira interminable.
ahí xa se me escapou o lesioneski Norris e Adolfo.
a subida no canal de Trea mais que interminable.
Sentado nunha pedra me alcanza Magono , e me conta que Uru vai acalambrado.(non pasou o corte e o retiraron no refuxo)
o famoso refuxo de vega de Ario non aparecia nunca, para min que nos colleu medo e se agachou nese circo glaciar.
nalguns tramos pisabamos neve.
unha vez ali, prantei un pino namentres marchaba Luisrn, Magono e cen dos Coutadas cara os Lagos.
Txuki esperou por min e trotamos xuntos un bo rato, pero enseguida, cando se veian os lagos, me dixo ,ata logo Lucas , e non o vin mais.
ahi xa quedei sen forzas, pero con moita moral.
Subir a porra de Enol, chegar a Buferrera , etc, e saber que so quedaban 15 e iba con 40 mins de adianto sobre os cortes, me fixo saber que ia vencer os Picos, non poderian conmigo.
Gamoneo, Demués, Bobia de Arriba e por fin Benia, en 13:40.
toda a pandilla, como sempre, esperandome na meta.
que cracks !!!!
ainda me sobraron 20 minutos !!!!!
a proba esta ben organizada, pena dun recordiño de finisher, que houbera gardado con gusto.
cambiaron un avituallamento, o segundo de Camba, uns kmts para adiante, que me provocou confusion inicial, pero aparte de eso, proba xenial.
algun asturiano me decia que era mais dura que a Traveserina e Xtreme Lagos, pero moito menos que a Travesera.
flipei ca peña que entrenaba polas canales baixando Trea e subindo Culiembro coma si nada.
eu decialles, se pos dorsal fas podium hoxe, e reian.
entereime despois que era peña preparando a Travesera
como ben di Blas, agora xa sei a diferencia entre monte e montaña !!
en duas semanas toca UTAC, e despois descansar un pouco
a ver que contan os demais
o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO