Lun, 18 Mai 2015, 9:41
Asunto: III Trail Vila de Cuntis - 5/07/2015
O día 5 de xullo o CdM Xesteiras organiza o III Trail Vila de Cuntis.
A falta nunhas pequenas modificacións por mor dos permisos esixibles polas distintas xefaturas territoriais da Xunta, o recorrido está practicamente pechado, respectando o mesmo do ano pasado salvo o seu inicio que o faremos desde o pavillón municipal.
Serán sobre 28 km e aproximadamente 1520 m de desnivel positivo. Tamén se fará un mini trail e unha andaina cunha distancia aproximada de 15 km.
Este ano a nosa carreira forma parte da Copa de Carreiras por Montaña da Federación Galega de Montañismo, polo que os/as corredores/as federados teredes que pagar un pouco menos que os que non o estean. Os prezos son estes: federados/as 12€ e non federados/as 15€, tanto para o trail como para o mini trail. Os andaríns 5€.
A inscrición da dereito, ademáis da participación no evento, ao seguinte:
- Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
- Avituallamentos de carreira e comida final.
- Bolsa do corredor.
- Regalos que a organización poida conseguir.
- Servizo de duchas.
Nos próximos días colgaremos toda a información: regulamento, cartel, forma de inscrición, perfiles, distancias exactas, ... na nosa páxina web
www.cdmxesteiras.com/
Saúdos
CdM Xesteiras