Mar, 26 Mai 2015, 19:27
Asunto: Re: I Carreira Pedestre Concello de Dumbría (23/5/2015)
Parece que ninguen comenta nada sobre a carreira.
Decir que ben en liñas xerais, ainda que cun erro moi grande, a falta de avituallamento intermedio. Xa que a parte da dureza do percorrido, fixonos unha tarde con bastante calor.
Ainda que se deron conta da falla de auga, xa que a algo menos dun Km. levaron uns botellíns para repartilos. Eu para o pouco que faltaba xa non o collín (xa que a parella dunha corredora que estaba facendo fotos, xa na 2ª volta pasoulle un botellin a un corredor que lle pideu auga e aproveitámonos 3 corredores para beber un chisco, graciñas para el polo xesto).
Percorrido a 2 voltas como caseque todas as probas deste circuito, tamén moi duro, xa que era caseque todo ou subir ou baixar.
Ainda que como alternaba asfalto e pistas, había algúns tramos moi bonitos entre arbores, e os derradeiros mts. de cada volta parecía un cross, xa que nun pinar estaba todo encintado e tivemos que dar uns cantos xiros polo mesmo.
Esperemos que siga este circuito, e esta nova proba siga facéndose.