Ven, 22 Feb 2013, 5:55
Asunto: Re: STRAVA
pois en xeral os tramos creaos
automáticamente nas costas ou tramos de certo desnivel. Digamos que o sistema analiza e busca tramos significativos polas súas características, tramos singulares que os resaltan dentro dun percorrido máis grande.
Aquí vense
dous tramos resaltados. O primeiro corresponde a un tramo que creou o sistema automáticamente; e o segundo corresponde a un tramo que creei eu a man.
Se tes un tramo recto e chan que usas para facer repeticións, ou como zona de test, podes facer un tramo personalizado e entón despois de cada entreno verás resaltada esa zona indicándoche que tal fixeches hoxe esa parte concreta.
Pero na
web podes crear os teus propios tramos (
públicos: e entón calquera que pase por alí será comparado; ou
privado: entón só os verás ti) en calquer lugar, independentemente do desnivel, lonxitude, ...
Aquí a "clasificación" e tempo invertido nos tramos resaltados arriba:
e aquí o ritmo que tiven confrontado co perfil do percorrido
se lle conectas un pulsómetro entón aínda che ofrece mellores estatísticas.
cando usas a bicicleta tamén che amosa unha estimación dos Watios xerados durante un tramo (

)
desde que iniciei o fío uso
STRAVA de forma como aplicación por defecto.
EDITO: e finalmente dicir que o aplicativo detecta cando te estás movendo ou estas parado, e nos resultados fináis indica tales cousas de xeito que
analiza a tirada (ritmos/distancias)
tendo esto en conta. En xeral cando corro non acostumbro a parar, pero
cando fas unha saída en bicicleta non é raro parar a comer algo, beber, tirar unhas fotos, .... polo que esta é unha boa característica (non todos o fan)
EDITO ii : dicir tamén que se poden seguir os entrenos diarios de xente
famosa, sobre todo hai moitos ciclistas profesionais.
-- Chámame "ghose"