Lun, 01 Xuñ 2015, 10:30
Asunto:
Un placer coma todos os anos correr en Amorín. Unha mágoa que a xente se decante por outras carreiras en vez de apoiar a este tipo de carreiras que por seren máis humildes non quere dicir que sexan peores nen moito menos.
É unha maravilla como a xente do pobo colabora coa súa carreira na organización e a labor importante que fan de integración onde se derruban as barreiras da discapacide e na que cada unha destas personas aporta o seu grao de area para convertir unha carreira nunha ilusión.
O trato ao corredor é excelente, percorrido bonito, avituallamento na carreira e ao final con froita, iogurt, auga e refresco, medalla para todos e cada un dos participantes, dende chupetes ata veteranos e servizo de duchas.
O da confusión do percorrido quédase nunha anécdota máis e serve para correxir erros cara a próxima edición. Nada máis.
Destacar por último o carácter solidario da mesma cunha donación de tres euros para o proxecto de Unicef "Gotas para Níxer".
O dito, noraboa Amorín pola vosa carreira a cal é para min cita obrigada cada ano e un gustazo enorme correla. Vémonos para o ano (personalmente agardo que en mellor forma)