Mér, 27 Mai 2015, 16:32
Asunto: Re: Sábado, 6 de Xuño (VI Carreira de Tordoia)
O Concello de Tordoia organiza a VI Carreira Popular Pedestre de Tordoia en Seixán (Cabaleiros) o vindeiro 6 de Xuño.
Esta proba forma parte do III Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
Saída: Terá lugar no campo da festa de Cabaleiros. Os participantes terán a obriga de presentarse na saída 5 minutos antes da saída da proba.
Dorsais: A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes da proba.
Incricións: poderán realizarse ata o videiro mércores 3 de Xuño ás 22.00 horas en
www.carreirasgalegas.com
Servizos: haberá servizo de duchas no pavillón polideportivo municipal de Cabaleiros.
PREMIOS E TROFEOS:
Camiseta conmemorativa a todos/as participantes.
Trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo, para o primeiro home e muller empadroados en Tordoia, na carreira absoluta.
Tamén se outorgarán trofeos aos tres primeiros da xeral (homes e mulleres) e as medallas pertencentes ao III Circuíto da Deputación da Coruña.
Entrega de premios ás 21:00 horas.