Mar, 09 Xuñ 2015, 19:03
Asunto: Re: 1º TRIATLÓN POPULAR DE CEDEIRA (12/07/15)
1º TRIATLÓN POPULAR DE CEDEIRA
12 XULLO 2015
REGULAMENTO OFICIAL
ORGANIZAN:
Club Natación Cedeira Muebles García
Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno
COLABORAN:
Concello de Cedeira
Protección Civil de Cedeira
Policía Local de Cedeira
Cruz Vermella de Cedeira
Clube Ciclista Punta Candieira
PATROCINAN:
Muebles y Carpintería García
Diputación de A Coruña
DATA, HORA E LUGAR:
12 xullo 2015
13:30 horas
Praia da Magdalena (Cedeira)
SECRETARÍA COMPETICIÓN E ZONA DE TRANSICIÓN:
Praza Sagrado Corazón de Cedeira
DISTANCIAS:
Natación: 750 metros (1 volta)
Bicicleta: 20 km (2 voltas)
Carreira a pe: 5km (2 voltas)
INSCRICIÓNS:
Data límite 8 de xullo.
PREZOS:
Inscripción triatletas federados: 8 euros
Inscripción triatletas con licenza de 1 día: 8 euros (inscripción) + 12 euros licenza de 1 día = 20 euros
Prezos especiais:
O Club Natación Cedeira Muebles García aportará 3 euros a cada participante con licenza de 1 día si se inscriben antes do 1 de xullo.
Importante:
As inscricións só se formalizarán co pago das mesmas e envío da documentación correspondente (no caso das licencias de un día DNI e pagamento)a fegatri @ hotmail.com. Non se admitirán inscricións coa documentación incompleta ou presentada fóra de prazo.
Aos clubs facturaráselles ao final de cada mes o total de inscritos que teñan, ou ao completarse o límite de prazas de ser o caso, co fin de que a abonen para poder considerar cada inscrición como completa e confirmar a praza.
Nº conta da Federación Galega de Tríatlon e P.M:
Banco Sabadell ES37 0081 5223 16 0001338040
Non se admitirán inscricións incompletas oufóra de prazo.
Todas serán confirmadas na web A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon fegatri @ hotmail.com no apartado Competicións /Inscricións.
Federados .
Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes, no apartado inscricións á dereita da mesma. A inscrición formalizarase co envío do pagamento mensual a nome do club.
“Federados con licencia de otra comunidad que no hayan abonado la inscripción de participación en los circuítos, deberán enviar el formulario de solicitud de invitación que
fegatri.org/wp-content...es-outras- comunidade1.pdf. Una vez que la Federación comprueba que está federado, autoriza su participación y confirma la inscripción previa formalización de la misma con el envío del justificante del ingreso de la cuota por fax 982 109 800 o mail fegatri @ hotmail.com pueden descargar de nuestraweb a continuación indicamos el enlace.
Licencias 1 día:
Unha vez que acceda á carreira, realizarase a introdución de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da carreira (inscricións de licencias de 1 día) Formalizarase enviando (Copia do DNI e Xustificante de pagamento ó seu nome ) ó Fax 982251345 ou mail fegatri @ hotmail.com
Saída, Transicións e meta:
Saída en Praia da Magdalena, T1, T2 e meta na Praza do Sagrado Corazón.
Recollida de dorsais:
En secretaría de competición (Praza Sagrado Corazón) de 11:30 h. a 13:00 h do día 12 de xullo.
Reunión técnica:
As 13:10 h o día 12 de xullo na secretaría de competición (hora estimada)
Control de material:
Na praza Sagrado Corazón, de 12:00 a 13:00 do día da proba.
CATEGORÍAS (MASCULINA E FEMININA)
ABSOLUTA
JUNIOR
SUB23
CADETES
VETERANOS
Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría, masculino e feminino.
Normas de competición
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Tríatlon e pola normativa vixente da FETRI
Norma anti-residuos
Tódolos depositados nos avituallamentos habilitados, aplicarase a sanción regulamentaria a envases, bidóns de ciclismo, botellas, latas, papeis…..deberán ser quen non o faga así.
Colabora para deixar os circuítos igual que estaban antes do paso da carreira.
Seguridade e asistencia médica
A seguridade na vía pública será responsabilidade do corpo da Policía local e Protección Civil, en coordinación coa organización da proba; no obstante todo participante respectará as normas de Circulación e Seguridade Viaria.
Os servizos médicos da organización destinados ó longo do percorrido, estarán autorizados a retirar a calquera participante por razóns médicas. Calquera vehículo de emerxencia que precise utilizar o percorrido do ciclismo para circular poderá facelo indicando a súa posición mediante sinais luminosas e sonoras. En tódolos casos o vehículo terá preferencia sobre os triatletas, os que deberán ceder o paso.
Vehículos autorizados
Os vehículos motorizados, bicicletas ou patinadores que non pertenzan a organización non poderán transitar polos circuítos da proba. Aqueles que realicen o seguimento das probas, levarán unha identificación visible en todo momento. O feito de recibir axuda externa distinta da que aporta a organización ou facerse acompañar por algún vehículo, bicicleta, patinador ou corredor suporá a descualificación do participante.
Reclamacións e apelacións
Segundo o regulamento da FETRI
Civismo e respecto
Os participantes aceptan cada un dos artigos deste regulamento e comprométense honestamente a non anticiparse o momento da saída e a cubrir tódolos tramos completos antes de cruzar a liña de meta. Así mesmo, manifestan ser respectuosos co persoal implicado na organización e co resto de participantes. Comprométense tamén a tratalo material deportivo propio e alleo con respecto. No incumprimento dalgunha destas normas cívicas será proposto por parte da organización os xuíces e oficiais para que sexa motivo de amoestación. Incídese no respecto absoluto e a observancia das normas de circulación e de seguridade viaria, co fin de evitar situacións perigosas que carreen danos irreparables tanto para o deportista como para terceiros.
Última edición por natacion o Mar, 09 Xuñ 2015, 19:12; editado 1 vez