Mér, 19 Set 2007, 19:06
Asunto:
Calquer titular valería: â??Vergoñenta carreira ribeirenseâ? ou â??Caos organizativo na X carreira popular de Ribeiraâ? . Poderían ser perfectamente os titulares á crónica da carreira que se celebrou o pasado domingo.
Podería decir que os fados non se aliaron connosco: o primeiro que nos atopamos ó chegar ó pavillón é que uns cacos entraron a roubar nas instalacións, afortunadamente para nós, non se levaron nada relacionado coa proba.
Logo, xusto ó comenzar a carreira longa, un tractor estropéase no medio e medio da estrada pola que debían pasar os atletas. Deste xeito, nin a moto da policía municipal que abría a proba, nin a ambulancia que pechaba a mesma poideron continuar, atrancados naquel lugar.
Pero o peor estaba por chegar: nun cruce que había que tomar á esquerda, na que se atopaba un membro de Protección Civil, os primeiros participantes pasan sen problema, pero pouco despois un participante chega a ese cruce increpándolle de malas maneiras ó mozo de protección civil, si non se enterou que acababan de avisar que se modificara o recorrido da carreira, debendo tomarse á dereita, cousa que fixo, seguido polos outros corredores que o precedían. O mozo de protección civil, totalmente desconcertado, ante a contundencia dos argumentos, indica ó resto de participantes que tomen o camiño erróneo: o da dereita. E para cando pudo comunicar o feito xa o problema non tiña solución. Evidentemente, o caos formado foi de órdago: os primeiros corredores accedían ó estadio por un lugar e o resto, por outros recorridos totalmente distintos.
Xuro que neses momentos sólo desexas que che trague a terra. Pero a terra non che traga. Nin Javi nin eu mesmo podíamos dar crédito ó que estaba ocurrindo. Abatidos, buscábamos a solución menos mala, pero non dábamos con ela. Neses intres apareceu a figura (naqueles intres, pareceume xigantesca) de
Moncho Arufe â??Lentoperosejuroâ?. Cunha tranquilidade pasmosa dou as pinceladas á solución máis lóxica: que houbese consenso entre os primeiros participantes, que eran os que se repartían os premios en metálico, para que se dese por bo o resultado da primeira volta, sendo unánime por parte dos implicados dar por boa esa clasificación. O resto das categorías, junior, seniors e veteranos, foron entregadas en función da entrada en meta, aínda que algúns fixeron 9 km., outros 7, e outros, como Elyana, 12. As dúas mozas ás que algún simpático enviou por outra dirección, nin sabemos os quilómetros que fixeron. Espero que os membros do foro lle atopen a chanza a tanta broma. A mín, por máis que o penso,
maldita a gracia que me fai!! En fin, sei que con pedir perdón non se arranxa nada. A mayoría dos participantes tuvo un trato exquisito, pero outros marcháronse, comprensiblemente, enfadados: naqueles intres ninguén sabía o que había acontecido, todo era caótico. De todos xeitos,
PERDON a tod@s, por habervos feito perder tontamente unha mañán de domingo. Perdón tamén ós colaboradores, xente de outras organizacións, como Fran
Castinheiras e Marga (que organizaron estupendamente, -e seguirán facendoo- a carreira do Corgo); como
Abraham, Belén e demáis organizadores da carreira da Guía (que fixeron un traballo tanto en entrega de dorsales, como na toma de tempos, de 10, -é unha maravilla traballar con esta xente-). Todos estes colaboradores que fixeron un traballo encomiable, pero que a fin de contas eran colaboradores, decir que non teñen nin a máis mínima responsabilidade nos erros da organización desta proba. Perdón, a
Javi Sampedro, que despois de 9 estupendas edicións da carreira ribeirense, foi liado nun arriscado proxecto que él asume como propio, cando sabía a dificultade da empresa, apoiandoa totalmente, frente a outras posturas máis conservadoras. Para él, pido todo o ánimo do mundo, para que retome a vella idea da carreira de Santa Uxía, e o siga facendo tan estupendamente como o viña facendo. E que non se volva a deixar liar por â??iluminadosâ?!!
Nas horas e días seguintes á carreira vaise pasando por distintos estados de ánimo: vergoña, frustación, humillación, xenreira... Aparte da mala sorte, da incompetencia deste servidor, pregúntaste que pode levar a un corredor a levar a cabo un acto dese tipo: unha broma? un cruce de cables? un sabotaxe para arruinar un proba? Non seiâ?¦por máis voltas que lle dou, non atopo unha luz.
Tanto esforzo volcado nunha proba que se pretendeu facer ó fio dos comentarios deste foro. Donde se fixo unha presentación para que os membros de Correrengalicia, poideran vir a darnos a súa opinión, donde o ambiente de camaradería daquel día non podía permitirnos pensar en semellante puñalada trapeira. Tanto esforzo para que che veña calquer "tontito do pueblo" e mande todo o traballo feito a tomar vento. Tódolas tardes da semana pasada, tanto Javi coma min mesmo, con sendas motodesbrozadoras á espalda, rozamos kilómetros de monte; rodeámolos con cintas para que quedase un circuito vistosoâ?¦e logo únicamente media ducia de participantes consiguen disfrutaloâ?¦ou sufriloâ?¦.non seiâ?¦.Cando o luns fun desmontar todo, daban unhas ganas tremendas de chorar....E preguntábame si haberá algunha organización en Galicia que esté en condicións de garantir o éxito dunha proba si media un acto de mala fé....penso que non...
Recibín mensaxes de ánimo por parte de moitos foreiros. Gracias a tod@s!! Pero nestes intres abandonoume a motivación para seguir tirando do carro deste tipo de actos. Non teño ningún negocio relacionado con este mundo; gánome a vida cunha actividade totalmente distinta a esto; non teño arelas políticas; si quero empaparme do mundiño das carreiras non teño máis que inscribirme en calquera das moitas que se celebran cada fin de semana ó longo e ancho desta nosa terra. Non teño intereses de tipo económico, nin afán de trepar en ningún escalafón...¿Entón por qué seguir meténdose nestes berenxenales? Lévolle dando voltas e voltas a este tema, e por máis que o penso, sei que por moi ben que salira todo, a ledicia que me podería producir non compensa o disgusto que nestes intres me embarga. Si é que por non ter non teño nin siquera fillos para os que montarlles unha actividade na que tanto gozaron os nenos e nenas, que o domingo, naquela pista de atletismo que moitos pisaban por primeira vez, se sentían como auténticos El-Gerroujs ou Maites Martínez (ou
keniatablancos, que tamén sei que, animicamente, non se atopa nos seus mellores días), ...aínda que quizais por algunha extraña razón, algún mecanismo psicológico de tipo freudiano me leve a atopar en cada sorriso destes pequenos corredores o sorriso dun pequecho que hoxendía sería alevín...
Perdón polo tostón!