Xov, 30 Xul 2015, 6:43
Asunto: Re: Cintilla iliotibial_ Desesperada!!!
Eu sufrina durante alomenos dous ou máis ben tres meses. O primeiro é un bo diagnóstico, e non é tan doado como se poida pensar. Creo que a pesar do que se fala dela non é tan coñecida polos profesionais como pensamos, sempre van á articulación e si está ben andando. Que che miren ben. Que che miren ben a alineación de cadeira, femur, xeonllo. E tamén a espalda.
A miña experiencia, como casi calquera que a sufriu, direiche é unha lata de lesión. Moita paciencia. Reposo inicial duns días e descargala fascia lata (non podería ter un nome máis acorde), para esto último a min foronme ben as sesións de ganchos como dis e tamén o rodillo de espuma, ademáis esto é moi fácil de usar, calquera fisio penso que che pode explicar, é rodar a zona sobre él. Eu practicamente o único exercicio aeróbico que podía facer era nadar con pull-boy, e decir, nada que implicase a articulación do xeonllo, nin bici, elíptica, remo, etc. Pouco a pouco, según te vaias atopando mellor e por suposto, sin dor, camiñar un bo rato polo menos 45min en días alternos. e nuns días ir probando camiñar e correr un pouco.
Na miña opinión, as causas, pasarse de rosca adestrando ou en carreiras, ademais de factores morfoloxicos de cada persoa.
Si vas a modo e progresivamente nos adestramentos non deberías ter problema coa recaida. Como empeces antes de tempo voltas a estar igual, a clave é pouco a pouco.
O adestramento de carreira penso que debería estar combinando cun plan de fortalecemento paralelo de core, tren inferior, cadera, etc (integral, aínda que non con moita carga, un par de días á semana, podeche axudar un fisio especializado en lesións deportivas). Penso que os corredores populares descuidan moito o fortalecemento xeral de todo o corpo e é básico, causa principal da maioría de lesións.
Estira sempre, sobre todo a fascia lata, antes (si non che gusta estirar antes, hai xente que di que non é bo, estira sólo esa zona) e máis despois de correr. Eso é fundamental sobre todo na recuperación e primeira fase da volta a adestrar. Pero a min é unha costume que xa me quedou para sempre.
Moita paciencia e ánimo! Disculpa pola paliza, escribín sin moita orde porque non organicei as ideas dun xeito adecuado. Si precisas algún consello máis concreto no que che poida intentarei axudar.
PD: En cuanto o estiramento da fascia lata, xa cho explicarían, a min o que mellor me vai do que probei é este:
www.google.es/imgres?i...FAodlUAN7w