koala36 escribió: | ||||
|
xesteiras escribió: |
Como xa non queda case nada para o día e o trail en cuestión, vou adiantarvos unhas pequenas indicacións: O pavillón municipal estará aberto a partir das 7:00 horas para poder cambiarse. Na zona donde está este pavillón hai un gran espazo para poder aparcar os coches. Está a escasos 100 m do lugar de saída e chegada da proba que finalmente será na Praza das Árbores, no centro do pobo. A bolsa de corredor e os dorsais entregarémolos na Praza das Árbores a partir das 7:30 horas. Ao mesmo tempo faremos entrega dos regalos que se sortearán entre todos os participantes. A bolsa do corredor dos participantes no trail e no mini trail estará composto por: dorsal, unha cuña de queixo "Palo Santo", 500 g de membrillo, un gel de Nutrisport e un zapatillero, ademáis de vales de desconto dunha empresa de turismo activo e tamén da tenda amiga e patrocinador do noso equipo, A Poutada. Para os participantes na andaina a bolsa constará dun zapatillero e vales de desconto dunha empresa de turismo activo e de A Poutada, ademáis do dorsal. Os/as federados/as, acordádevos de traer a licenza federativa. A saída será ás 9:00 horas para o trail e o mini trail. A andaina sairá a continuación. Recorrido: Estará todo sinalizado con cinta branca e azul, tanto para o trail, mini trail e andaina. Os recorridos da andaina que sexan distintos do trail e do mini trail, estarán marcados con cinta amarela/marrón. Avituallamentos: cada 5 km, máis ou menos, teremos un punto de avituallamento. O 1º na Louriña, líquido: auga e powerade; 2º en Sebil, sólido/líquido: sandia, melón, laranxa, platano, frutos secos, gominolas, auga, powerade e isotónico de Nutrisport; 3º para o trail, alto de Mesego, líquido: auga e powerade; 4º en Castrolandín, sólido/líquido: sandia, melón, laranxa, plátano, membrillo, auga, powerade e isotónico de Nutrisport; 5º para o trail, Arcos: líquido: auga. Neste punto poremos auga ao inicio do cortalumes e ao final. Así mesmo, se o día é moi caluroso, poremos tamén ao inicio do alto de Mesego un punto con auga. Por favor, respetade o medio polo que nos estamos movendo. Teremos papeleiras para poder tirar a basura. Nos limparemos o recorrido pero pídovos que sexades responsables e usedes eses recipientes para tirar os restos de geles, envoltorios, botellas, ... Gracias. Persoal de apoio: Haberá persoal da organización polo recorrido, ademáis dos escobas das tres probas e dos xuices da FGM. Tempo de corte: Os participantes do trail que no km 15,800 Alto de Mesego, superen as 3 horas 45 minutos, estarán obrigados a abandonar a proba. Neste punto de avituallamento, haberá persoal da organización co que poderán baixar ata o pobo. Cruces de estrada: Os cruces de estrada estarán cubertos por persoal de protección civil. Premios: Para os 3 primeiros de cada categoría. No mini trail haberá para os 3 primeiros clasificados e 3 primeiras clasificadas. Tamén daremos un premio ao equipo mellor clasificado, excluíndo ao CdM Xesteiras. Para esta clasificación térase en conta, indistintamente, os participantes no trail e no mini trail. Comida fin da carreira: Como ven sendo habitual nas nosas probas, os callos non poden faltar e, á falta de mexilón por problemas coa tóxina, poremos empanada. De postre, tarta de Santiago e de queixo. Para beber, cervexa e auga. Se podemos conseguir algo máis, xa o veredes alí. Teremos tamén monitores de tempo libre para os máis pequenos e un hinchable. Animádevos a traer aos peques que o pasarán moi ben co noso compañeiro Yago. Penso que nada máis, se tedes algunha pregunta ou dúbida, mediante este medio contestarei o que estimedes oportuno preguntar ou se queredes a través do noso correo cdmxesteiras @ gmail.com Saúdos. Tono |
Taboas escribió: |
Buenos dias, Me he animado a hacer esta prueba despues de participar en algunas de 20 Km pero ahora me empieza a entrar un poco de miedillo. El asunto es que no tengo zapatillas de trail, solo unas asics normales de carretera GT 2000 y como he escuchado que el terreno es un poco tecnico.... Creeis que se podria? Muchas gracias y un saludo |
anxinho escribió: |
Dende o Trail San Silvestre de Viana do Castelo (45 kms) en decembro do ano pasado non voltei a competir. Levo un ano marcado polas lesions e pola falta de adestramento, pero o domingo vou ser da partida. Iso si, no trail curto porque para o longo ainda me falta un pouco de peito e adestramento para rematalo con garantias. E deber a falta de competicion que xa teño ese "gusanillo", chamese tension, metido no corpo dende onte que formalicei a inscripcion. |
Taboas escribió: |
Buenos dias, Me he animado a hacer esta prueba despues de participar en algunas de 20 Km pero ahora me empieza a entrar un poco de miedillo. El asunto es que no tengo zapatillas de trail, solo unas asics normales de carretera GT 2000 y como he escuchado que el terreno es un poco tecnico.... Creeis que se podria? Muchas gracias y un saludo |
CesGti escribió: | ||
solo tes 3 baixadas cortas e puntuais con pendiente suficiente como para facerte andar con ollo,polo resto non tes ningun problema. non e o calzado mais adecuado,pero correras sin perigo. |
xosemaria escribió: |
Vaites! Retirouse Ces?? Agardo non sexa nada e pronto este de volta nó monte. En canto ao trail en si, era estrea para min na distancia e sobre todo na dureza. Rematei moi contento, extremadamente canso pero moi contento. O percorrido duro e fermoso, os avituallamientos incribles todos eles, a subida do 23-24 fixenna lembrando de todos e cada un dos organizadores, e despois entrei en meta feliz e refresqueime na fonte que se agradeceu moito. En definitiva, votaréi. |