Lun, 27 Xul 2015, 6:06
Asunto: REGULAMENTO
Art. 1) A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán, organizan o día 16 de agosto do 2015 o V Nigrán Area de atletismo pola area,que dará comezo as 10:30h.
Art.2) Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Art.3) Os circuitos discorrerán entre o Muelle de Panxón e Praia América, son circuitos llanos sobre a area mollada da praia, coa marea baixa.
Art. 3) CATEGORIAS. Art.4) DISTANCIA, HORARIOS E ORDEN DE SAIDA.
CATEGORÍA ANO DISTANCIA
10:30 Cadetes Femininos/Masculinos 2000/2001 3.000 m
Infantís Femininos/Masculinos 2002/2003 1.500 m
Alevíns Femininos/Masculinos 2004/2005 1.000 m
Benxamíns Femininos/Masculinos 2006/2007 500 m
11:30 CARREIRA ABSOLUTA 99/anteriores 6.000 m
Pre-benxamíns Femininos/Masculinos 2008/2009 300 m
Pitufos Femininos/Masculinos 2010/2011 100 m
ENTREGA DE PREMIOS
Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Xuvenís 98/99
Junior 96/97
Promesa/Sénior 95 ata Veteráns Fem/Masc.
Veteráns A de 35 a 44 anos Fem/Mas.
Veteráns B de 45 a 54 anos Fem/Mas.
Veteráns C de 55 anos en adiante Fem./Mas
Art.5) LUGAR DE SAIDA E PERCORRIDO.
Os circuítos discorrerán entre o Muelle de Panxón e Praia America, son circuitos llanos sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.
Art.6) INSCRICIONS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa si a ten, teléfono de contacto e nome do club no caso de non ser independente.
O prazo remata o mércores 12 de agosto ás 20 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
INSCRIPCIONS CARREIRA ABSOLUTA DE XUVENIS A VETERANS
Terán un custe de 6 €.
Farase acedendo a páxina web da Federación Galega de Atletismo no enlace:
www.carreirasgalegas.com, onde será obrigatorio facer o ingreso dos 6€ con tarxeta na pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario.
Tamén se poderá facer nos seguintes lugares, onde o pago será feito en efectivo:
•Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa –Nigrán (Serviocio).
A carreira absoluta, está limitada a 1.000 participantes.
INSCRIPCIONS CARREIRAS MENORES DE PITUFOS A CADETES
Nos mesmos lugares indicados anteriormente, ou na oficina de turismo de Praia América. As categorías menores NON levarán chip.
Art.7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba. Ante calquer dúbida e imprescindible presentar o xustificante de pago para retirar o dorsal.
Art.8) PREMIOS.
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín ata cadete e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns ate fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.
Os premios individuais non serán acumulables.
Haberá recordo conmemorativo para os 1000 primeiros inscritos da carreira absoluta.
A organización poderá esixir a documentación de todas/os aquelas/es participantes que leven premio.
Art.9) Todo corredor que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 50 minutos do comezo da proba.
Art.10) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art.11) As reclamacións ós resultados oficias, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art.12) SERVIZOS.
• Avituallamento o fin da carreira.
• Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
• A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes. A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
• Haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de.Panxón
Art.13) Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento. Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e IAAF en vigor.