Mér, 08 Xul 2015, 10:18
Asunto: Re: I Carreira Popular de San Bartolomé en Tui (22 agosto)
Xa teño máis información:
O sábado 22 pola mañá a partires das 10, con carreira absoluta e carreiras para nenos, coas categorías:
Pitufos: nados nos anos 10/11/12.
Prebenxamín: nados nos anos 08/09.
Benxamín: nados nos anos 06/07.
Alevín: nados nos anos 04/05.
Infantil: nados nos anos 02/03.
Cadete: nados nos anos 00/01.
Xuvenil: nados nos anos 98/99.
Senior: nados entre 1980 e 1997
Veterán A: nados entre 1970 e 1979 anos.
Veterán B: nados antes de 1969.
A distancia para a carreira absoluta será aproximadamente 3500m unha volta pequena e outra grande a un circuito que trascurre polo barrio, vistoso e con mistura de terra e asfalto.
Inscrición gratuíta e solidaria (que consistirá na entrega de 1 kilo de alimentos non perecedoiros que serán doados).
Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín no apartado feminino e masculino.
Están traballando no regulamento e sistema de inscrición.