Mar, 17 Nov 2015, 15:27
Asunto: Re: Maratón de Valencia 2015
Gustoume correr en Valencia. Os cidadáns, os comercios,... estaban implicados coa carreira. Bos detalles organizativos (información previa, actividades o día anterior,...). Percorrido moi favorábel. Tivemos sorte coa temperatura e, sobre todo, coa humidade, que non foi moi elevada. O meu tempo, para mín, fabuloso. Rebaixei a miña M.M.P. en 8 minutos.
Algúns defectos: Paella party cutre, animación musical escasa e monótona comparada con outros maratóns, sacan cartos de debaixo das pedras (grabación da medalla, fotos,...) e, o principal, nalgúns tramos a anchura por onde corriamos era moi estreita, sobre todo, nos dous penúltimos quilómetros, onde a xente animaba moito pero pechaba o camiño aos corredores, casi imposibilitando o adiantamento (semellante ao que fai o público nalgunhas etapas ciclistas de alta montaña). Por culpa disto, eu non puiden atacar aos kenianos