Foros ›
XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2015, 10:40
Asunto: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

XIII Andaina Popular “Concello de Riveira”


INFORMACIÓN

A XIII edición da Andaina Popular “Concello de Riveira”, sábado 5 de setembro, constará, como novidade, de tres recorridos de diferentes distancias e dificultades:

Recorrido de 50 km.- Será o sendeiro base sobre o que se artellarán os outros dous percorridos. Terá menor dificultade que os anos precedentes (uns 700 metros de desnivel positivo), evitando as zonas de dificultade física e técnica.

Recorrido de 35 km.- Terá como base o percorrido de 50 km, pero contará con atallos para reducir a distancia a 35 km. Está pensado para personas que se lles poda facer longa a distancia de 50 km.

Recorrido Xtrem.- Tamén terá como base o recorrido dos 50, pero engadíndolle zonas de máis dureza e algo máis técnicas (subida á Curota, baixada pola zona da Fervenza de San Amedio, subida ó Tahume ou a Senda do Xabarín). O desnivel positivo é superior a 1.200 metros. Asemesmo, a distancia é maior de 50 km: 58 km, a percorrer igualmente no tempo máximo de 12 horas.


Este ano a Andaina pasará por: Sendeiro marítimo de Ameixida, Parque Periurbano de San Roque, Pedra das Cabras, montes de Palmeira, Dolmen de Axeitos, Sendeiro do Río Sanchanás, Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, etc.




ORGANIZACIÓN
A proba está organizada polo Concello de Riveira e Asociación de Veciños de Carreira, contando coa colaboración de Protección Civil, Policía local e Asociación Arrecó.

INSCRICIÓNS

Efectuaranse na web www.riveira.es.
Mantéñense os prezos de inscrición do ano pasado, así que desde o 20 de xullo ata o 1 de setembro, e serán os seguintes:

13 €uros (para persoas federadas)
16 €uros (para as non federadas)

A partir do 1 de setembro, haberá un prezo único de 25 euros, sen dereito a camiseta de recordo, e estas inscricións deberán realizarse nas oficinas de deportes no complexo deportivo da Fieiteira. Télefono 981873646.

Aínda que o prezo é o mesmo para calquera dos roteiros, na inscrición deberá elixirse o roteiro a realizar.

Nota: Para a Copa Galega de Andainas de 50 km, só se acreditará a participación dos que rematen o roteiro de 50 km.

Enviarase, dentro dos 3 días seguintes de cubrir o formulario de inscrición, o xustificante de pagamento ao correo electrónico: deportes @ riveira.com

O número máximo de participantes é de 300 (no intre de acadar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións).


SAÍDA
A saída será desde as pistas de atletismo do Complexo Polideportivo A Fieiteira, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.

ROTEIRO
Estará convenientemente sinalado con cintas branco/vermellas e pintura amárela fluorescente, cunha distancia máxima entre sinais de 200 metros.

AVITUALLAMENTO
Ao longo do percorrido haberá cinco puntos de avituallamento coa finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba.

CONTROIS DE PASO
Haberá controis de paso, polos que os participantes deberán pasar nuns tempos mínimos e máximos, calculándose os mínimos a razón de 4,2 km/hora, e os máximos a 7,5 km/hora. A organización non se inmiscirá en como se realicen os tramos entre controis de paso (andando, correndo,…) sempre e cando se cumpran os horarios mínimos e máximos, e non se moleste ao resto de participantes. Os controis de paso estarán situados nos puntos de avituallamento.


OUTRAS CONSIDERACIONS:
Obrigatoriedade de portar un bidón ou cantimplora que se irá enchendo nos avituallamentos (non se entregarán botellas de plástico nos puntos de avituallamento).

Así mesmo, será recomendable (para mellorar a seguridade dos participantes) portar un teléfono móbil (coa batería ben cargada!!!) no que poder localizar aos andaríns que non pasen polos controis, ou co que podan avisar á organización en caso de que lle xurdan problemas graves.

Se en calquera momento da proba algún ou algunha participante se encontra canso ou sofre algunha lesión importante debe comunicarllo a outro participante ou, se é posible, achegarse ao control máis próximo. A Organización disporá dun servizo de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas.

Ao remate da proba celebrarase un sorteo de agasallos, así como unha festa con paella e bebidas para participantes e acompañantes.

No Complexo Deportivo A Fieiteira, os vestiarios e as duchas estarán abertos a partir das 15.30 h.

Uns días antes da proba, enviarase un segundo boletín por si hai algún tipo de modificación sobre o actual regulamento (posibles modificacións por incendios, ou similares; notas sobre prevención de riscos; ou calquera outras medidas que podan ser de interese para os participantes)

RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES

Trátase dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar ben preparado fisicamente, aconséllase camiñar semanalmente 80 km desde dous meses antes.

Consiste nun percorrido de 50 km. e non son todos de terreos chans, senón que hai desniveis e terreos accidentados que salvar.

A Organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrerlles aos participantes, aínda que tratará por todos os medios de evitalos.

Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun responsable maior de idade.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Lun, 27 Xul 2015, 21:30
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Haberá que ir
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Xul 2015, 11:27
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

anxinho escribió:
Haberá que ir

Un para a "Xtrem"!!! Silbar Silbar
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Mar, 28 Xul 2015, 13:12
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Conta con iso Urko
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Xul 2015, 9:22
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

anxinho escribió:
Conta con iso Urko

Vamos a ver como nos sale o experimento deste ano, con tres posibilidades diferentes. Esto vai a darnos máis traballo, precisamos máis voluntarios, etc, pero deste xeito tentamos contentar ós habituales das andainas de 50 km que se nos queixaban do aumento de dureza dos últimos anos (algúns, por cuestións de edade, consideraban que en breve iban a ter que deixar de vir, con gran pesar de corazón!), e por outro lado, a esa xente máis nova ou máis "traileira" que buscan un plus de dureza engadido ó que xa de por si teñen os percorridos de 50 km.
E por suposto, ese recorrido "recortado" (que realmente non nos da moito máis traballo), para os que se inician, ou simplemente, non lles apetece sufrir moito!!
Pois eso, que esperamos agradar a todos estes diversos grupos de participantes!!
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1040 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Xul 2015, 15:22
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Unha preguntas:
-A proba xtrem se pode facer na modalidade "sen rentencións"?
-O trazado ten moitos tramos de asfalto?
Un saudo e animo.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Xul 2015, 9:52
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Rufino escribió:
Unha preguntas:
-A proba xtrem se pode facer na modalidade "sen rentencións"?
-O trazado ten moitos tramos de asfalto?
Un saudo e animo.

Ola, Rufino:
1.- A día de hoxe a proposta que barallamos é "con retencións", para rematar os case 60 km nun mínimo de 7 horas. Pero tampouco desbotamos a outra posibilidade: todo vai depender do número de voluntarios que xuntemos, xa que este ano a prioridade é que sala ben o tema dos tres recorridos, e para eso xa precisamos aumentar o número de voluntarios do ano pasado. Si conseguimos ampliar o número de voluntarios para que cubran os postos de avituallamento (sobre todo os últimos, que implican a permanencia no lugar de moitas horas) poderíamos valorar a posibilidade de eliminar as retencións, pero vamos a deixalo para o último boletín que se emitirá uns días antes da proba.
2.- O trazado ten uns 6 km de asfalto, repartidos nunha ducia de pequenos tramos, sobre todo nos primeiros kilómetros e nos últimos.

Saúdos
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Xul 2015, 10:56
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Unha pregunta para corredores que puderan estar interesados en facer correndo a proba Xtrem (58 km), con un desnivel acumulado de 2.600 metros e algunha zona un tanto técnica: para que non vos afectasen os tempos de retención, que ritmos deberíamos ter en conta??

Por exemplo, si eu considero que o meu ritmo en ese tipo de terreno, pudera ser dunha media de 5 minutos/kilómetro, os tempos que non me impedirían correr sería o resultado de ir multiplicando ese ritmo por cada kilómetro, e así , salindo ás 9 da mañán, o km 20 por exemplo, unha retención que se puxese ás 10:40 non me impediría ir correndo constantemente.

Por tanto, qué ritmo considerades que levaríades en este tipo de terreno??

Anxinho, móllate!! CesGti, andas por ahí??
trevinca

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/08
0 Carreiras
213 Mensaxes
barbanza
Respostar citando Envío Xov, 30 Xul 2015, 14:39
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

E penso que CesGti pouco tiña que parar nos avituallamentos case sempre os encontra abertos igual 10 min pero que comente el e nos informe
agiz3

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
18/02/14
0 Carreiras
194 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Mér, 12 Ago 2015, 8:31
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Suelo usar las andainas para entrenar. El ambiente siempre es bueno, los avituallamientos también y vas sin el estrés de las carreras. La de Riveira es una habitual y este año repito, claro está. Mola lo de las 3 opciones, ya el año pasado dieron la opción de hacer la senda do Xabarín o no, porque se que muchos de los andarines se quejaron por la dureza y lo complicado del terreno. Con estas opciones tan claras creo que será mucho más del gusto de todos.
A ver si engaño a algún colega para que se venga conmigo también, aunque supongo que nos juntaremos los habituales Guiño
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Ago 2015, 11:09
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Bueno, xa cos controles de paso perfilados, podemos avanzar que o recorrido Xtrem (60 km), aínda que terá uns tempos mínimos e máximos, para a maioría dos participantes vai ser prácticamente un "sen retencións", xa que cun ritmo de 6 min/km atoparían os controles xa abertos.

Debido ós desniveles en subida, algunhas baixadas moi técnicas, e o tipo de terreno, sólo algúns participantes que sexan corredores de moi bo nivel en monte, poderian atopar algúns controles pechados.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Ago 2015, 10:27
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Urko deberías avisar que o de "Xtrem" non se lle puxo o nome para "fardar"... senon porque quedaba mellor que poñerlle "mecajondiola"

Moi feliz Moi feliz Moi feliz Moi feliz
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Ago 2015, 17:04
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Edu_Iglesias escribió:
Urko deberías avisar que o de "Xtrem" non se lle puxo o nome para "fardar"... senon porque quedaba mellor que poñerlle "mecajondiola"

Moi feliz Moi feliz Moi feliz Moi feliz

Cando estamos polos 160 inscritos, decir que máis de 50 están decididos a facer a Xtrem... Abraiado Abraiado

Estuvemos facendo uns cálculos para dar un baremo un tanto obxectivo co cal podades valorar a situación de ambos sendeiros:
Si o consideramos os 50 km do ano pasado, como dun nivel 100, a ruta dos 50 deste ano estaría nun nivel 70-75, mentras que a Xtrem, sería un nivel 120. Ou sexa, que os que estuvéstedes o ano pasado, con estes datos xa podedes imaxinarvos un pouco a dureza dun, e a "suavización" do outro.
Taboas

Novo foreiro
Novo foreiro
25/12/14
1 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 03 Set 2015, 11:17
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Gracias por la organizacion de la prueba, la verdad es que tiene una pinta estupenda.
Me pregunto si podiais completar informacion en relacion con el recorrido y puntos de avituallamiento/ control. Habia pensado trotar un poquito durante el Xtreme y seria de mucha ayuda poder planear el dia, agua o/y comida a llevar entre avituallamientos, etc.
un saludo y gracias
Taboas

Novo foreiro
Novo foreiro
25/12/14
1 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 03 Set 2015, 11:22
Asunto: Re: XIII Andaina 50 km Ribeira (05-09-2015)

Taboas escribió:
Gracias por la organizacion de la prueba, la verdad es que tiene una pinta estupenda.
Me pregunto si podiais completar informacion en relacion con el recorrido y puntos de avituallamiento/ control. Habia pensado trotar un poquito durante el Xtreme y seria de mucha ayuda poder planear el dia, agua o/y comida a llevar entre avituallamientos, etc.
un saludo y gracias
Seria posible tener el circuito? nunca esta de mas poder tenerlo en el telefono si uno se despista durante la andaina.
gracias de nuevo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos