Mér, 29 Xul 2015, 23:03
Asunto: VI Medio Maratón "Vila de Petín" (20/09/2015)
VIª MEDIO MARATÓN “VILA DE PETÍN”
CAMPIONATO GALEGO DE MEDIO MARATÓN
Vª ANDAINA POPULAR
O Concello de Petín de Valdeorras e a Delegación da F.G.A en Valdeorras, organizan o VIº MEDIO MARATÓN “VILA DE PETIN” CAMPIONATO GALEGO DE MEDIO MARATÓN E Vª ANDAINA POPULAR, que se desenrolará o vindeiro 2O de SETEMBRO do 2015 .
Proba oficial da F.G.A
A competición desenrolarase nun circuíto interurbano de 21.097 metros homologado por la F.G.A.
O circuíto da Andaina Popular compartirá 14 kms aproximadamente do circuíto do Medio Maratón.
A saída e a chegada estarán situadas na Praza de Petín.
Se habilitarán postos de avituallamento líquido cada 5km (5, 10, 15 y 20 km).
Haberá varios controis de dorsais no circuíto do medio maratón.
INSCRICIÓNS
1º.- As inscricións para o VIª MEDIA MARATÓN “VILA DE PETIN realizarase a través do formulario de inscrición na páxina web de CARREIRAS GALEGAS
www.carreirasgalegas.com
As inscricións para o Campionato Galego de Media Maratón realizaranse a través do sistema online na web da RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/, ata as 23:00 h do martes 15 de setembro do 2015.
(Os inscritos no Campionato Galego que non estén inscritos na proba popular non terán dereito á bolsa do corredor e á comida popular)
Tamén se poderá inscribir para a andaina no Concello de Petín, e nos bares de Petín.
2º.- As INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes
das 23.00 h.do xoves 18 de setembro.
3º.- As inscricións para a carreira e andaina terán un costo de
12€ ata o dia 15 de setembro
E 15€ a partir de ese dia ata o peche de inscricións.
terán dereito a bolsa do corredor + comida popular.
4º.- Poderase inscribir na andaina no mesmo dia ata 1 hora antes do comezo da proba tendo un custo de
12€ terán dereito a bolsa do corredor + comida popular
Poderase adquirir para os acompañantes vales para a COMIDA POPULAR no momento de formalizar a inscrición o costo de
10,00 €.
5º.- A retirada de dorsais realizarase na secretaría habilitada para tal fin, no Teleclube de Petin.
Dende as 9:00 h. ata 10:00 h. para a Andaina Popular.
Dende as 9:00 h. ata a 10:30 h. para o Medio Maratón.
PREMIOS
- Haberá trofeo os 3 primeiros clasificados da Carreira Popular masculina e feminina.
- Haberá medalla commemorativa do campionato para os tres primeiros clasificados nasseguintes categorías: Xunior, Promesa, Absoluto e Veterans masculino e feminino.
- Haberá trofeo para o primeiro atleta local masculino e feminino.
- Os trofeos non serán acumulativos.
HORARIO
10.30H SAIDA ANDAINA POPULAR
10.45H CAMARA DE CHAMADAS CAMPIONATO GALEGO MEDIO MARATÓN
11.00H SAIDA MEDIO MARATÓN
13:30H ENTREGA DE TROFEOS