Mar, 11 Ago 2015, 21:44
Asunto: XXVIII Carreira Pedestre do Pico Sacro, Vedra
REGULAMENTO DA CARREIRA
“BAIXADA PEDESTRE DO PICO SACRO”
-Data da proba sábado 22 de agosto.
-Prazo de inscrición para participar na proba aberto ata as 00.00 h do día 19 de
agosto.
-Lugar de inscrición no
www.vedraconcecta.blogspot.es
CATEGORIAS:
-CARREIRA ABSOLUTA
Absoluta masculina. Nados entre 1999 e 1975
Absoluta feminina. Nadas entre 1999 e 1975
Veterán masculino. Nados en 1974 ou anos anteriores
Veterán feminino. Nadas en 1974 ou anos anteriores
Promesa masculino. Nados entre 1993 e 1999
Promesa feminina. Nadas entre 1993 e 1999
-CARREIRA EN IDADE ESCOLAR
Cadete e infantil masculino. Nados entre 2000 e 2003
Cadete e infantil feminina. Nadas entre 2000 e 2003
Alevín masculino. Nados entre 2004 e 2007
Alevín feminina. Nadas entre 2004 e 2007
- CARREIRA CATIVOS
Prebenxamín masculino. Nados entre 2008 e 2010
Prebenxamín feminina. Nadas entre 2008 e 2010
Pitufo. Nados en 2011 e posteriores.
Pitufa. Nadas en 2011 e posteriores
*OLLO: As categorías contarán por ano natural de nacemento!!
- A participación na proba será gratuíta.
- O percorrido estará dispoñible no blog
www.vedraconecta.blogspot.com.es
- O punto de encontro será o campo da festa de Outeiro (Santiaguiño) – Vilanova.
- Haberá aparcadoiro gratuíto.
- Non haberá servizo de duchas.
- PREMIOS:
* Haberá un trofeo para o 1º / 1ª de cada categoría.
* Haberá un premio para o/a veciño/a de Vilanova.
* NON HABERÁ PREMIOS EN METÁLICO.
* Os premios NON SON ACUMULABLES.
-A entrega de trofeos realizarase no mesmo campo da festa unha vez rematadas
todas as probas. As persoas premidas deberán estar presentes, en caso contrario
perderán o dereito ao mesmo.
Vilanova, agosto de 2015.