Ven, 28 Ago 2015, 21:48
Asunto: Re: XXXI Carreira Popular Concello de Meaño (13/09/2015)
Sanmikel, non se trata de facer un drama. Pero é que pode dar a lugar a confusións e agora, para solucionalo, temos un traballo extra co que non contabamos. E xa te podes imaxinar que non están as forzas sobradas.
Ademais, é que en este pais un denomínase polo nome e os "dous" apelidos.
Sabes cantos López García, García Pérez, Fernández Domínguez, etc., etc., pode haber repetidos. E non falemos dos que, dun ano para outro, modifican o nome ou incluso o DNI. Cando traballas con 800 nomes, non te podes parar a ver un por un por se a alguén se lle da por facer estos cambios.
Hoxe botei un par de horas cos listados dos catro últimos anos, verificando nome a nome, por se estas "cousiñas", para non deixar a ninguén fóra do premio á fidelidade. E se por enriba, me teño que poñer a correos cos que poñen un só apelido, "por que si", para facer verificacións, pois apaga e ímonos.
Non me malinterpretes, pero cando unha organización está a traballar con listados da orde de 800 nomes, non podemos andar con estas preocupacións porque un 5% non cumpre as normas, fronte a un 95% que sí o fai.
Non sei que decidirá o Concello, pero desde logo non creo que se vaia a pasar un traballo a maiores por eses inscritos que non cumplimetaron correctamente os datos. Para eso hai un regulamento, que, por certo, hai que aceptar para poder inscribirse.
En resumidas contas. Que non vai a chegar a sangre ó río
; pero se algúen se afoga, non saltaremos a por el
.
Tí non te me canses moito na vendimia, ou a festa, ou ambas... que o domingo tés que da-lo callo.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es