Ven, 14 Ago 2015, 6:44
Asunto: Carreira e andaina do San Ramón no Xalo
O domingo 23 de agosto, por segundo ano consecutivo, organizamos a Carreira e andaina do San Ramón polo Monte Xalo. A irmá pequena da Travesía do Xalo, cun percorrido de 6 km. perfecto para aqueles que se inician no mundo das carreiras de montaña, e tamén para os que prefiran gozar deste monte nunha actividade encadrada na programación das festas de Castelo.
A inscrición ten un prezo de 12 euros (que inclúe unha abundante paellada ao mediodía, con viño, pan e postre incluídos). Pódese facer ata o xoves 20 en
www.castelodeporte.gal ou en Casa Rodríguez (Castelo - Culleredo).
Haberá un avituallamento líquido e sólido no medio do percorrido, todos os participantes levarán un agasallo, e a saída está prevista para as 11.00 horas.
Ademais, todos os que vos anotedes poderedes vir tamén o sábado á noite ao espectáculo de monólogos Castelo Conta, con algúns dos mellores humoristas de Galicia, e cear de balde na chourizada que organizamos.
Dúbidas en info @ castelodeporte.gal ou no 881942986. Vémonos!
www.castelodeporte.gal