Lun, 01 Out 2007, 19:18
Asunto:
Crónica dos 50 km. do Val do Lérez:
Non sonou o despertador. Polo menos non o escoitei. En vez de salir ás 7.20 como tiña previsto eran as 8.00. Total que chego a Pontevedra ás 9.20.

Busco a estación do tren. E agora? esquerda ou dereita? Tomo á esquerda. Ley de Murphy: si vas tarde a un sitio, escolle esquerda ou dereita: sempre tomarás o lado equivocado. Dou a volta. Atopo o local da asociación de veciños de donde sale a proba. Collemos o dorsal, o carnet de ruta e indicannos como chegar ó sendeiro xa que a primeira parte é guiada e non hai indicacións.
Son as 9.35. Chove. Salimos pitando. Non hai "escobas" polo tanto non retiran as cintas. Un alivio!! As marcas son escasas, pero suficientes.A beira do río Lérez, agradable. Recorrido máis ou menos llano. Empezo a trotar un pouco. Avituallamento antes de empezar a subida. Un carreiriño ó lado dun regato. Chulo. Empezo a pillar xente. No km. 8 aprox. subida xeitosa. Subo andando, pero a moi bo ritmo. Paso a bastante xente. Carreiros estreitiños entre leiras xa cerca dunha aldea. Seica hai avispas.

Picanlle a varios. No control que hai nesa aldea o máis demandado é a pomada para as picaduras. Eu non me enterei.

Hai bastante xente. Pillo fruta e bebida, e non paro...Os controles están preparados para marchar entre 4 e 6 km/hora. Cheguei con 10 minutos de retraso sobre a apertura. Pillo ó grupo de Victor Revenga. Vou falando con él. Ven de facer unha travesía por Pirineos. 11000 metros de desnivel acumulado. Máis dificil que Carros de Foc. E xa está pensando en novos retos. Unha máquina!!

Adiantoos e volvo a trotar. Chego ó segundo control: km 23. Chego con dous minutos de adianto, e xa deixaron marchar ós primeiros. Dinme que eran uns 20 e saliron fai 10 minutos. Estiro, como empanada, bebo aquarius e descanso 10 minutos. As mozas da organización, moi amables. O seguinte punto son 9 km. e o control abre ás 2 horas. Sobrao!! Xa os pillarei.

Nese tramo está o teito da ruta: o Frachal. Troto un pouquiño. Empeza a subida cun cortalumes. Ã?s 30 metros de subida...crack...o puñetero abductor...clavadiño me quedo....o trauma de Penedos!!

Estiro, pero non me pasa... Tiro a mochila. Pero sei que non me podo sentar, senon non me levanto. Espero. Baixame o tirón. Empezo a subir a un paso que nin miña abuela!. Chego arriba. Empezo a baixar. Nin rastro do tirón. Estupendo. Zonas en baixada e llano, monte sin moito interés. Subida ó Frachal. Amago de novo tirón. Sigo suave. Sin problemas. Boa panorámica. Control: abre ás 14.30. Son as 14.26 e xa non hai ningúen. Mentras capo non asubío!, decían os vellos. Pois é verdá: mentras falaba por teléfono non vín unha marca e cando me din conta levaba como un km. despistado. Como iba baixando, iba de p.m. e ben que me costou volver a subir. As risas que se deberon botar os que viñan de frente!!
Baixada joidilla. Para compensar, empezo a trotar. Cracks...o abductor...outra vez clavado. A boa nova é que atopo a forma de estirar o músculo que se agarrotaba...
Non volvo a correr. O tramo son 7 km. e hai hora e media. Teoricamente, chupado...peeeeeero....os susodichos 7 kilómetros, levanme 2 horas...tiña que haber un erro sustancioso!!.

..os ultimos km. á beira dun regato, llano, un carreiro en fila de un, moi agradable...rematei a full, nun grupiño que levaba un ritmo endiablado...Tempo total: 9:10...nunca había baixado de 9.20 (Allariz). Si lle descontamos a media hora do comenzo, 8:40...buenooo..máis contento que unhas pascuas...eso si: mollado, cheo de merda por todos lados...un asquito!!
Duchas quentes no propio local da asociación de veciños. Chocolate quente, empanada, aquarius...charla cos que xa remataran...casi todos coñecidos...varias camisetas de Ribeira...doulle a noraboa ós organizadores...a camiseta da proba, en fin

(para 15 euros de inscripción) pero bueno...xa irán mellorando...
Conclusión: andaina con moitos paraxes estupendos, algúns certamente espectaculares e en xeral moi agradable; organización cun trato moi amable cos participantes, preocupándose das sensación de cada un; recorrido: suave-duro en subida-duro en baixada-suave; avituallamentos moi correctos; boa situación do local da salida/chegada, con aparcamento xusto ó lado e (relativamente) fácil de atopar; en canto ós peros: en algúns lugares moi concretos señalización escasa; nos controles non foron moi estrictos cos tempos previstos; camiseta mellorable; a época do ano que fai que a partir das 20.30 os participantes que aínda non chegasen poderían ter serios problemas de orientación; en resumen,...paseino moi ben, e aconsellaríalle ós andaríns que anotasen esta proba para o ano que ben!!