Lun, 01 Out 2007, 19:10
Asunto:
Pois, como ben dixo o colega
Curro2000, cheguei a recoller o dorsal e atopeino de camiño. Falamos da súa participación na tolería esa de andar a subir e baixar polos Alpes no medio da neve e demáis, cando pasa
Elyana co seu habitual sorriso na faciana. Un encanto esta muller. Lástima que deixara o foro.
Por certo, segun ela mesma dixo, a de onte foi a derradeira carreira na que lucíu a equipación de Correr en Galicia, xa que dende agora fará o propio coa do seu novo equipo... o Ría de Ferrol, que fai unha fichaxe dunha calidade humana incrible, que prima por riba de calquera outra cousa a amistade e a colaboración cos demáis.
Logo de coller o dorsal e voltar coa familia vou quentar un pouco e atopo de novo a
Curro2000 con quen prosigo comentando cousas de xente do foro e de fora do foro... que tamén hai mundo ahí fora
Cruzámonos con
Derek, que andaba a facer estiramentos, e intercambiamos experiencias cos fillos e demáis familiares próximos
Damos unha voltiñas e xa chaman á liña de saída. Como sempre nestas carreiras curtas a xente toda sae coma foguetes e claro, un non pode evitar seguir ó grupo... así fixen o primeiro km en 4:34 (demasiado rápido para o meu corpo) e o segundo en 4:42.
A partir de ahí o vento en contra e a cabeza decindo que si sigues así non vas chegar solto para un sprint final fai que baixe revolucións ata 4:55 e 5:11 os seguintes kms. Antes de chegar ó auditorio cruceime cos que xa voltaban e saudéi a o meu compañeiro de quecemento e a alguén do foro que non cheguei a recoñecer... así que si non o chamei polo nome non foi por mala leche.
Logo da costa do Auditorio (o único repeito da carreira) subo un pouco o ritmo e adianto algún corredor que queimou os foguetes demasiado cedo) e marco 4:43 e 4:44 nos kilómetros 5 e 6.
Como xa se ve a meta e teño tres corredores "
a tiro de pedra" méto o turbo e remato a ritmo de 4:24 os derradeiros 700 metros para facer un tempo total de 31:56 polo meu crono (esta vez sí que o parei máis ou menos na chegada... por fin).
Fermosa carreira, o tempo acompañou plenamente (cando a noite anterior caeu no Grove unha tromba de auga de tres pares), a organización mellorou en algúns aspectos (sinalización, corte de tráfico, evitouse as trampas dalgunha xente do ano pasado, entrega de premios máis rápida) e, por falla de tempo (creo que se organizou en dúas semanas), non houbo camisetas nen sorteo (creo) final... ou eu non me enterei, vamos.
En calquera caso unha carreira bonita bonita... e iso que a min as carreiras curtas non che me fan moita gracia.
Por certo, esquecíame comentar que por alí atopei a
Pedro Nimo, que quedou de segundo tras un portugués (seica é o vixente campión portugués dos 10 kms), tan amable e encantador coma sempre, especialmente cos nenos.
Como detalle curioso decir que cando vin mensaxes neste fío cun moneco de supercoco pensei que era a rapaza de nick "supercoco" pero resulta que non, que era
Sergio... e por iso onte, mentras quecía, comentaba que me parecera ver entre os que iban correr do foro a
Supercoco

. "Errare humanum est"