Xov, 27 Ago 2015, 21:36
Asunto: Re: IV Cross Popular do Xamón, A Cañiza (30-08-2015)
Eu prefiro as de trail, porque o tempo está con chuvia e ainda que mellore para o domingo vai estar o terreno húmedo.
Si fixese calor tanto o dia da proba como os dias anteriores prefiro as de running.
Hai un par de zonas de baixada con algo de pedra, e estando o tempo asi invitan a resbalar.
Hoxe fixeno coa bicicleta, e en un par de zonas tiven que votar o pé ao chan por seguridade.
Hai 3 zonas perigosas,:
no km 2,5 a baixada a minicentral con moito desnivel e un pequeno salto e pedras grandes ao final ( 60 metros)
no km 12,2 depois de unhas casas unha baixada con pedras de uns 40 metros ( ten pouco desnivel pero a pedras resbalan moitisimo) PERIGOSO
e no km 13,4 a entrada ao regato, ten barro e pedras ao principio e a medida que nos aproximamos ao rio e o cruzamos agua e pedras.