Mar, 08 Set 2015, 18:18
Asunto: Re: Desertores del Crono
Boas Desertores!!!.
Aquí estou de novo despois de aterrar esta tarde en Santiago do meu vo de Dublín - Santiago!!.
Gracias á Pedralonga polo seu interese polo meu maratón e á Hadrock e Lihto. Como el ben di, o perfil da carreira é duro, vouvos facer unha pequena descrición da miña carreira:
Despois da C42 deste ano, estaba algo preocupado por como acabaría este maratón. Ademáis xa o correra hai uns anos, polo que sabía o que tiña por diante. Comecei moi suave, a primeira metade ten moitas rampliñas pequenas pero tendidas e que vanse acumulando nas pernas e van rompendo o ritmo. Unha vez que cheguei á segunda metade, vinme bastante ben polo que decidín que podía acelera-lo ritmo. A segunda parte do circuito ten as costas mais longas polo que o desnivel delas non se sufre tanto é pódese correr bastante cómodo.... Un inciso: o percorrido consiste en segui-la mesma estrada todo o tempo. Digo isto, porqué para face-los 42km nun punto hai que sair da estrada para despois volver a ela. É cando volves a ela cando empeza a gran costa que mencionaba Pedralonga. Eu xa me lembraba dela, de feito, comenteino cun dos que corrían a media pero que seu irmán corría o maratón enteiro. Cheguei á gran costa (35km + ou -), vou con tranquilidade sei o que hai, polo que unha chulería podía saír moi cara (como me pasou da outra vez). Son 2km de subida, a iso engadídelle que estaba no 35km. Na metade da costa hai un descansiño que se agradece moito, pero despois volve picar pra arriba. Do que non me lembraba era que os derradeiros 300m da costa son durísimos!! Por sorte, ó acaba-la costa había un avituallamento, onde collín a miña derradeira botella de auga. De ahí hai uns 4km en baixada (da outra vez ese forte cambio de ritmo rompérame as pernas). os 2 primeiros km da baixada fun moi ben, pero xa ía o 39km as pernas xa non podían aprobeita-la baixada para gañar tempo e a cabeza xa quería acabar dunha vez e non me daba chegado o cruce onde se regresa á Dingle. Unha vez chegado ó cruce inda queda 1km, pero xa é dentro do pobo, o público xa da as enerxías que falta, e tamén está a xente da media que volveu no bus recoñecendo o noso esforzo. Encaro a recta final co público ós lados que me berraba. E por fin!!! cruzo a liña de meta co comentarista dicindo o meu nome (con acento ingles), ando, póñenme a medalla no pescozo, e aparece o meu cuñado cos meus 2 sobriños dándolle un bico ó maior que me veu recibir, e quedaba agardar pola miña irmá que viña en bus de face-la media.
Quedei contento co meu resultado, sobretodo porqué acabei moi enteiro. Coido que foi o maratón que acabei con máis enteireza.
Xa de volta, toca deixar de correr en inglés é volver á correr en galego!!. Next year i'll be back!.
Veña desertores, comecemos esta nova tempada con enerxía!!.
Agardo o mellor, e adestro pro peor.